Coruña 27 de Abril 2014
Situación meteorolóxica [caption id=”attachment_1556” align=”aligncenter” width=”319”] Condicións meteorolóxicas.[/caption] Había previsión de algún chuvasco illado, así que puxen calcetíns, pero fun con camiseta de tiras e pantalón corto “keniata”. Finalmente nada de nada. Nubladillo e fresco con algo de vento que se notaba cando xa non tiñas forzas, pero en realidade estiveron unhas condicións perfectas. Percorrido [caption id=”attachment_1554” align=”aligncenter” width=”484”] Circuito III Maratón Atlántico[/caption]
Deportivamente non teño moito que explicar, non tiña o día para sufrir e non sufrín. Adestrei para facer (moito) mellor marca pero nos últimos dez días non atopaba a motivación para facer ese esforzo, así que decidín pasalo ben, disfrutar de todo o percorrido e entrar de bo humor en meta. Non como hai dous anos.
E así foi. Ao tran tran durante 42 km. Eu creo que non debín pasar de 150 pulsacións durante toda a proba. Ao principio por ir de paseo e ao final porque xa non podería tentalo. Porque unha cousa é non sufrir e outra cousa é que non rematase coa sensación de xa-me-vai-apetecendo-parar :D . Significativo o feito de que non vin valado ningún nin tiven a tentación terrible, por intensa, de querer parar en ningún momento, a sensación esa onde tes que seguir a pesar de que todo o teu ser che di que pares. Put* sensación.
Si, pódese dicir que desaproveitei o adestramento feito e as forzas que tiña. Pero paseino ben. #quemequitenlobailao
#facts
Ritmo [caption id=”attachment_1555” align=”aligncenter” width=”586”] Ritmo en minutos por quilómetro[/caption] Vese a suave pendente desde 5:20/km ate +6’/km onde estiven do 30 ao 40. Ese repunte final simplemente era a emoción de que ía rematar sen sufrir e pasárao ben, non un intento consciente de acelerar. Non parei nin me puxen a andar en ningún momento, esas dúas raias verticáis supoño que foron os 10” nos avituallamentos e o reloxio parou de contar.
Con respecto ao ritmo está o tramo máis longo de subida onde se ven os parciais e como fun decaendo. [caption id=”attachment_1557” align=”aligncenter” width=”611”] Tramo Matadero-Torre en Strava.[/caption] O último non é totalmente realista, pois pillei a un compañeiro que ía moi mal e unha moza dándolle ánimos e fómolo animando e acompañando uns tres kilómetros. Ía moi acalambrado, pero rematou. Ha de lembrar o día de hoxe!
Cadencia [caption id=”attachment_1552” align=”aligncenter” width=”592”] Cadencia, pasos por minuto.[/caption] Creo que aquí é onde se aprecia, a falta do ritmo cardíaco, a constancia e regularidade no esforzo. Vese unha liña recta de principio a fin, incluso cos máximos ao final, indicativo de que segundo me ía cansando facía pasos máis cortos, pero coa mesma frecuencia. Cando estás morto baixa moito a frecuencia e hai diferencias moi bruscas entre as subidas e as baixadas.
182 pasos por minuto é virtualmente o valor canónico para @s minimalistas. [caption id=”attachment_1553” align=”aligncenter” width=”201”] Cadencia durante a carreira[/caption] De este último cadro podemos inferir que dei aproximadamente 43.953 pasos para correr 42,195km.
Agradecementos A tod@s os voluntarios e colaboradores que animaban con entusiasmo a todos os participantes, independentemente do seu nivel. Correr na parte de atrás das carreiras permíteche apreciar estos detalles. Sempre con palabras de ánimo optimistas que che animaban a seguir.
Aos organizadores, que creo que fan un bo traballo. Unha cidade pequena como Coruña deténse durante medio día. Non é fácil xestionar eso xunto con uns servizos e atencións axeitados para todos os participantes.
A todos os grupos musicáis e de animación ao longo do percorrido. Grazas. Imaxinade no quilómetro 38, costa abaixo, vento de cara, pero coa sensación de que sabes que vas sobrado para rematar ben, e de pronto, atronando… http://www.youtube.com/watch?v=bWXazVhlyxQ Non é de crer, pero notas a adrenalina fluír! ou endorfinas ou a madre que las parió, pero poñense os pelos de punta, tes máis forzas e apetéceche sprintar… ate que pasan 50 metros :D Si, efímero, pero da gusto. Máis voluntariosos que outra cousa os grupos, moito saltinmonkis, moito rolins, uns mods, … todo se agradece. A xente facendo ioga, os da capoeira, os aceleraos no Cantón, bailando salsa xunto a Torre… durante uns segundos permítenche pensar en outra cousa.
Case me esquezo de comentar que as sandalias moi ben. Acabas dolorido, pero moito menos que con zapatillas. Sin problemas de unllas nen rozaduras. Muscularmente moi cómodo. O único unha vincha que saiu xunto a base do dedo gordo do pe esquerdo. Non era nada, entereime ao rematar, pero non sei qué me puido rozar ahí se non hai nada.
[caption width=”424” align=”aligncenter”] entrada “triunfal”[/caption]
Nota final: o disque-bollicao do final sobraba :P