Daisy Miller - Henry James

Título:_ Daisy Miller_ (1878) Autor: Henry James [caption width=”220” align=”aligncenter”] portada da primeira edición [wikipedia][/caption]

As convencións sociais dunha época contribúen a fixar os roles que cada individuo debe asumir. Canto máis estricto sexa o cumplimento de ese deber, máis evidentes resultarán as transgresións da regla e máis conservadora a sociedade que as segue (por definición).

Daisy Miller é unha rapaza de New York (EE.UU.) que veu con parte da súa familia a vivir a Europa. Non é unha emigrante -xa a fináis do XIX a emigración era en sentido inverso- se non pertencente a unha nova familia rica que ven de xira a Europa a residir en hoteis de luxo e facer vida social. Sobre todo a facer vida social e a ver si se lle pega algo de glamour.

Desgraciadamente Daisy ten un comportamento e personalidade que non encaixan en ese ambiente, non por vontade propia, se non porque non se considera que se comporte como debe. Só o feito de ser unha moza “americana bonita e coqueta” lle permite certas licenzas e a protección masculina.

Este relato breve sobre Daisy Miller mostra con dúas pinceladas, ao xeito en que o Gran Gatsby o faría máis tarde, o esquema mental dunha época, o tipo de vida que se permitía levar certa élite, os seus usos e hábitos e sobre todo os roles sociáis asumidos e os impostos.

O narrador (que supoñemos un home) escribe con delicadeza, con sutileza, desde** o punto de vista de alguén que participa do ideal que encarnan os protagonistas,** con ese aire de sentirse no cumio da escala social e que precisa facer ostentación de esa “superioridade” e incluso inferir de ela unha superioridade moral e intelectual.

A protagonista non é retratada como unha heroína revolucionaria ou transgresora, non, é retratada tal como a ven o resto dos protagonistas. Lixeira, vulgar, impropia. Tampouco creo que sexa xusto xulgar cos ollos das nosas convencións e roles actuais o xeito de comportarse en épocas tan diferentes, pero sentíame incómodo en ese mundo que describe a novela.