de google photos a nextcloud gallery

por qué?

Por qué?, por qué deixar o fenomenal servizo de google photos, o servizo tan convinte, tan simple de utilizar e tan ben integrado con todo o sistema android?

A miña razón foi ver todas as fotos de personas que me importan que tiña subidas aos servidores de google, vin unha cronoloxía, unha evolución, un relato que une persoas e lugares, vin relacións, é como si estivese vendo metadatos igual que os ve O Algoritmo. Si ben non me resulta agradable que Google saiba de min, fíxome pensar que se teño dereito a que unha empresa constrúa un relato da vida de outras persoas a través da información que eu lle estou proporcionando. Se ademáis son menores de idade, peor aínda.

Creo que tamén debo dicir que facer unha copia automática das fotografías que tomas non é obrigatorio, podes simplemente facer a foto e quedará no dispositivo ate que a elimines. Así poderás transferilas manualmente cando dispoñas de outro dispositivo e nunca estarán no ordenador de outra persoa. O feito de subilas automáticamente con estas ferramentas fai que a dispoñibilidade da fotografía permita compartila con maior facilidade desde calquer dispositivo así como, en caso de perder o acceso ao dispositivo que as almacena, ter unha copia de apoio desos momentos que mereceron ser fotografados.

Ferramentas:

How to

  • descarga unha copia de todas as fotos que google ten nos seus servidores (desde aquí, “google takeout”)

  • cando as teñas no ordenador personal, elimina, se queres, todas as fotos que tes no servidor de google. Sin medo!!

  • abre unha conta nun servidor Nextcloud, mellor se usan cifraxe do lado do cliente (ou monta o teu propio!!)

  • desinstala a aplicación de fotos de google. Sen medo!!

  • instala a aplicación nextcloud/owncloud no teu dispositivo android (ligazóns tamén arriba)

  • establece nos axustes que faga unha copia das fotos que desexas subir (escoller cartafoles) e ollo que o faga só con wifi (si os datos móbiles están limitados)

menú auto upload android nextcloud](https://xmgz.files.wordpress.com/2018/07/captura_and.png)

Menú cliente android nextcloud

O teu dispositivo android poderá acceder a todas esas fotografías e compartilas igual que facías con google fotos.

As fotos non se suben comprimidas e gárdanse no tamaño orixinal (non como cos 2mb de google na versión gratuíta), así que coidado si utilizas todos os megapixeles que ten a chachi-cámara do teu móbil.

Tamén podes subir vídeos (ollo coa tarifa de datos, de novo).

Sincronización: eliminación e edición de fotografías

Se no sistema de ficheiros do dispositivo móbil borras unha foto, esa foto seguirá estando no servidor owncloud e nos outros dispositivos.

Se borras esa foto desde o aplicativo nextcloud/owncloud do móbil, esa foto tamén se eliminará no servidor. Ollo con esto.

Se no ordenador editas ou modificas esta fotografía esta gardarase modificada tamén no servidor.

Na aplicación nextcloud/owncloud podes engadir varios servidores polo que, por exemplo, podes contratar ou ter un en exclusiva para subir as túas fotos e outro para documentos, contactos, notas, etc.

Compartir públicamente: Galería

Con nextcloud/owncloud podes crear subcartafoles e establecer a intimidade de cada un a conveniencia, por exemplo establecer un de eles como galería pública.

[caption id=”attachment_3090” align=”aligncenter” width=”233”]menú compartir en nextcloud Menú Compartir en nextcloud[/caption]

Obterás un enlace que podes compartir e que será accesible para quen o coñeza (só lectura si só queres que vexan pero non editen ou suban imaxes) e incluso engadir a outras personas (co seu ID federado) para que entre todas vaides engadindo fotografías de xeito colaborativo. Cada unha aportará contidos utilizando a súa cota correspondente de disco duro.

Galería pública

Aquí tes unha galería pública a modo de exemplo https://cloud.disroot.org/apps/gallery/s/idGpebRzZ7M2qsp

Si utilizaches outro servizo diferente ou outro xeito de “saír de google fotos” cóntamo aquí abaixo na caixa de comentarios, todas estaremos agradecidas por poder aprender :D

Do mismo xeito podes aportar con calquer comentario ou aclaración. Grazas por ler!!