Respaldar os de audio CD a audio .ogg

Respaldo dos teus discos

Pouco a pouco van desaparecendo os lectores de cd/dvd do meu arredor, si non físicamente si de feito, por deixar de utilizalos. Os soportes van mudando e hoxe para a música e vídeo semella ser a nube o ordenador de outra persoa. Tanto é así que tiven que probar a ver si aínda funcionaba o lector do ordenador que estou a utilizar para este titorial.

Outra posible motivación é a degradación que sufren os CDs/DVD de audio co tempo, pero este problema creo que é menor en comparación co primeiro, pois muda máis rápido o xeito en que se consumen os productos do que tarda en degradarse un CD.

Gárdolle aprecio a algún dos CDs que teño, diría que todos teñen máis de 5 anos, pois non lembro o último que merquei. Non son un coleccionador compulsivo de música en lata e prefiro a radio en calquera dos seus soportes (convencional, internet, podcast).

ogg

O primeiro paso era establecer o formato dixital no que quería gardar a música e non cabía outra que buscar un **formato libre **(free): ogg

Actualización: OPUS Grazas ao comentario de Francisco de la Peña actualizo coa información para utilizar o codec opus con ffmepg. Só terías que decirlle a ffmepg que utilice o códec libopus Exemplo: ffmpeg -i audio.wav -c:a libopus -vbr on -b:a 320k audio.opus

Pero comproba que o dispositivo onde o vas a utilizar sexa compatible co códec utilizado. Grazas a eovoltio.

https://www.xiph.org/

a música no CD

son ficheiros con extensión .wav, ficheiros sin compresión e licenza propietaria. Ocupan demasiado espazo para copialos directamente e gardalos nun disco duro a pesar do descenso no prezo do almacenamento. Pero non é un formato libre, así que nin por esas.

Falando da libertade, quizáis debas ler si tes dereito a facer unha copia privada https://es.wikipedia.org/wiki/Derecho_de_copia_privada Un “dereito” que non é tal https://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/propiedadintelectual/la-propiedad-intelectual/preguntas-mas-frecuentes/copia-privada.html Piratería ou copia privada? http://www.elmundo.es/cultura/musica/2017/07/04/595b3b0422601d9d7c8b45f5.html

linux terminal is your friend

e podendo facer as cousas con un pequeno script para qué vas instalar un programa novo con interface gráfica que non voltarás a utilizar, né?

Así que busquei cómo facelo por exemplo con ffmpeg que si non ven de serie si que se pode instalar en todas as distribucións. Xa coñecía da súa versatilidade de outras tarefas, de outros tempos, de outras inquietudes.

O que non lembraba era a sintaxe do comando a utilizar, e na busca anterior este foi un dos resultados

https://picodotdev.github.io/blog-bitix/2016/03/cambiar-el-formato-de-archivos-de-musica-o-audio-en-gnu-linux/

ahí explica polo miúdo os formatos e diferentes códecs a utilizar así como exemplo de traballos que podes realizar.

Para o meu caso abondábame con: $ for f in *.wav; do ffmpeg -i "$f" -acodec libvorbis "${f%.wav}.ogg"; done;

é dicir, metes o cd no ordenador e deixas que o sistema operativo monte o cd; miras no sistema de ficheiros onde está montado; abres un terminal do sistema e vas a ese cartafol. No meu caso pasei os ficheiros .wav do CD cdda://sr0/ a /home/usuario/música/converter, así que $ cd ~/música/converter creas unha carpeta onde meter os ficheiros novos $ mkdir rip_ogg e executamos o comando superior metendo os .ogg $ for f in *.wav; do ffmpeg -i "$f" -acodec libvorbis "rip_ogg/${f%.wav}.ogg"; done;

Así os ficheiros conservan nome que tiñan orixinalmente, pero con extensión .ogg Esta é a saída típica para cada pista coa configuración por omisión:

Input #0, wav, from 'Track 10.wav': Metadata: encoder : gvfs-cdda using libcdio 2.0.0 x86_64-pc-linux-gnu Duration: 00:02:17.64, bitrate: 1411 kb/s Stream #0:0: Audio: pcm_s16le ([1][0][0][0] / 0x0001), 44100 Hz, stereo, s16, 1411 kb/s Stream mapping: Stream #0:0 -> #0:0 (pcm_s16le (native) -> vorbis (libvorbis)) Press [q] to stop, [?] for help Output #0, ogg, to 'Track 10.ogg': Metadata: encoder : Lavf58.12.100 Stream #0:0: Audio: vorbis (libvorbis), 44100 Hz, stereo, fltp Metadata: encoder : Lavc58.18.100 libvorbis size= 1825kB time=00:02:17.62 bitrate= 108.6kbits/s speed=38.7x video:0kB audio:1804kB subtitle:0kB other streams:0kB global headers:4kB muxing overhead: 1.168673% ffmpeg version n4.0.2 Copyright (c) 2000-2018 the FFmpeg developers built with gcc 8.1.1 (GCC) 20180531 configuration: --prefix=/usr --disable-debug --disable-static --disable-stripping --enable-avresample --enable-fontconfig --enable-gmp --enable-gnutls --enable-gpl --enable-ladspa --enable-libaom --enable-libass --enable-libbluray --enable-libdrm --enable-libfreetype --enable-libfribidi --enable-libgsm --enable-libiec61883 --enable-libjack --enable-libmodplug --enable-libmp3lame --enable-libopencore_amrnb --enable-libopencore_amrwb --enable-libopenjpeg --enable-libopus --enable-libpulse --enable-libsoxr --enable-libspeex --enable-libssh --enable-libtheora --enable-libv4l2 --enable-libvidstab --enable-libvorbis --enable-libvpx --enable-libwebp --enable-libx264 --enable-libx265 --enable-libxcb --enable-libxml2 --enable-libxvid --enable-nvenc --enable-omx --enable-shared --enable-version3 libavutil 56. 14.100 / 56. 14.100 libavcodec 58. 18.100 / 58. 18.100 libavformat 58. 12.100 / 58. 12.100 libavdevice 58. 3.100 / 58. 3.100 libavfilter 7. 16.100 / 7. 16.100 libavresample 4. 0. 0 / 4. 0. 0 libswscale 5. 1.100 / 5. 1.100 libswresample 3. 1.100 / 3. 1.100 libpostproc 55. 1.100 / 55. 1.100 Guessed Channel Layout for Input Stream #0.0 : stereo

E xa está :D Dentro da carpeta “rip_ogg” terás os ficheiros no formato libre e comprimido.

Notas e ligazóns

tanto o script, como se ve no artigo referido, como os parámetros que se lle pasan a ffmepg pódense axustar segundo os gustos e necesidades personais. No exemplo executei ffmpeg cos valores que trae por omisión e a modo de exemplo pasou unha pista de 70,3MB en formato .wav a 5,5MB en .ogg O proceso ademáis é rápido, moi poucos minutos.

Manual (man) ffmpeg man ffmpeg

Pequena introdución a conversión de vídeo, por si o precisas. https://comoserdebianitaynomorirenelintento.blogspot.com/2016/11/echando-un-vistazo-ffmpeg.html