Duatlón Vimianzo. Crónica de un debut

Duatlón Vimianzo, 21 febreiro 2016

[caption id=”attachment_2192” align=”aligncenter” width=”480”]outra crónica, en serio que non falten crónicas de carreiras[/caption]

Outra crónica?

necesita este mundo que alguén máis conte cómo lle foi nun evento deportivo popular?

No way! Por suposto que non, pero esta bitácora nunca tivo vocación pública, se non para que eu lembre. Así que ahí vai.

Por qué?

Un debut merece unha crónica. O primeiro é saber por qué me apuntei a participar nun duatlón. E por qué non? Gústame correr, gústame andar en bici, de cando en vez participo en eventos populares. Así que cando vin esta oportunidade nun circuito relativamente simple, nunha distancia dentro da miña capacidade e organizado de xeito popular (non me gusta o postureo do triatlón, sorry) pois decidín apuntarme.

A proba constaba de 5,4km correndo(S1) a pe por asfalto e camiños de monte (pistas da parcelaria). +21km en bicicleta (S2)maiormente por pistas pero con dous ou tres tramos algo máis técnicos por unhas corredoiras con moita auga e lama. +3,6km (S3)novamente a pe.

Eu calculáralle que me levaría entre 105 e 120 minutos (e non me enganei) pero a cousa foi máis complicada do que parece.

Para comezar, sobre os tramos a pe non tiña dúbidas: quencer suave, saír correndo forte ao S1 pero sin matarme. No S3… o que diós queira :P . Zapatillas normales (nb minimus road), culote de ciclismo pero con badana fina e camiseta conmemorativa da carreira popular de Vimianzo de hai uns anos (homenaxe aos organizadores). No tramo de bici puxen o chaleco fino para o peito porque non me gusta nada a sensación de frío que podes coller na bici.

En canto a roupa non tiven problema e estiven cómodo, quente e nada agobiado.

O problema era o S2.

Poucos días antes deime conta que o regulamento especificaba que tiña que ser unha bicicleta de montaña normal, non está permitida a de ciclocross, e as rodas teñen que ter mínimo 1,5” de ancho. Xa me ves a min mirando qué rodas lle teño postas a bicicleta! Hai uns anos puxéralle unhas para rodar mellor en asfalto, e son de 1,4”, así que tiven que buscar unhas gordas. Acostumbrado a bicicleta de carretera, a primeira sensación é de que a bicicleta non anda, que está pinchada ou que alguén te ten agarrado. Lamentable.

E despóis mirando si a miña bicicleta é de ciclocross ou non! Eu sempre pensei que tiña unha bicicleta de montaña, pero si ves unha bicicleta de montaña moderna ves que se semella pouco a miña. Carece de moitas das innovacións técnicas das últimas décadas (frenos, relación de cambio, amortiguadores, forma do cadro,…). Si, décadas. Orbea, cadro de aluminio, principios dos 90. O único orixinal que lle queda creo que é o cadro e os tres platos grandes. O resto creo que llo fun mudando todo según ía gastándose. Moito teño andado nela e moitas satisfaccións me dou, pero cando empecei a meterme en tres cuartas de lama, costa arriba e costa abaixo, pregunteime quén estaba máis preparado para o traballo, si eu ou ela?

[caption id=”attachment_2195” align=”aligncenter” width=”210”]aquí na T2. Foto de mamá. aquí na T2. Foto de mamá.[/caption]

Os dous saímos dunha peza. Realmente é unha bicicleta fiable, o cambio non me fallou a pesar de estar completamente cubertos de lama os desviadores e a cadea feita un cristo, e mira que se cambia de marcha un cento de veces!; os frenos, de zapata, procurei mantelos en orde intentando meterme polo rego de auga en lugar de pola lama (cando era posible) para que estivesen en mellor condición cando os precisase. En ningún momento botei en falta capacidade de frenada. O de meterme pola auga tamén era porque traccionaba mellor que na lama (ou eso sentía eu nas pernas).

Outro punto eran as zapatillas. Utilizar pedales automáticos ou ir con pedales normales e zapatillas de correr? Uff! menudo lío poñerme a pasar os pedales dunha bici a outra, e na carreira perder un minuto en cada transición cambiando o calzado, probabilidade de que non axuste algo correctamente… nada, moito lío, así que en plan globero e nada de pedales automáticos. Entereime despois, gracias ao compañeiro Antonio que resulta que ultimamente esto é unha práctica moi pro (válgame!). As desvantaxes son que non aproveitas tan ben a forza en cada pedalada e en determinadas circunstancias podes perder o pe e ter que parar en lugar de poder aplicar forza e saír da situación. Esto noteino unhas cuantas veces , en esas en que vas pegando botes e intentas facer forza e non tes o pe no seu sitio. Como vantaxe tes que si non tes moita técnica, e forza, tes máis libertade para poder poñer pe a terra ou equilibrarte para evitar unha caída. Perdes eficiencia, pero nas probas que fixen non notei tanta diferencia como para compensar as desvantaxes.

Ao choio

Xusto antes da saída tivemos a charla técnica onde nos explicaron cómo facer a transición, por onde ir según o dorsal, cómo deixar a roupa e a bicicleta, a sinalización, etc. A min valeume de moito, pois todo era novidade.

Foi bonito tamén o pequeno homenaxe a un compañeiro falecido que participara o ano pasado e déronlle un diploma de recordo aos compañeiros do seu clube. Foi unha homenaxe sentida. homenaxe ao difunto O día amencera nublado e frío, pero pronto despexou e tivemos sol e algo máis de 10 graos, así que estaba perfecto para correr. Ainda que chovera algo os días previos e había lama e auga, os camiños estaban en perfecto estado.

De cando en vez meus pais acompáñanme a estas probas. Parte do interés de ir a carreiras populares é que coñeces lugares que de outro xeito nin te plantexas visitar. Estas pequenas excursións de un día son moi agradables (normalmente), incluso eles se animan a participar en algunha andaina e son animosos como espectadores do evento. Creo que entenden e comparten o carácter lúdico con que afrontamos a proba a maioría dos participantes. Está ben compartir estos momentos.

Chegamos cedo. Non sabía moi ben cómo se organiza un duatlón así que fomos con tempo e chegamos con máis de unha hora de marxe sobre a saída para ver todo o tinglado e preguntar as dúbidas (gracias ao organizador que me deu o dorsal) e poder quentar con tranquilidade. Foi no quencemento que coñecín, en persona, a Antonio e Fran (clube Ribeiras do Tambre) e charlamos un pouquiño.

Go!!

[caption id=”attachment_2197” align=”aligncenter” width=”300”]foto AD Downhill foto AD Downhill[/caption]

O plan de “saír forte pero sen matarme” duroume 30 segundos. Por qué? Porque esta xente sae a lo loco!! A min paréceme que eran moi optimistas a maioría deles, pero o que ía mal era eu! Demasiado rápido!. Deixeime ir, pois sentíame con certa marxe, pero realmente creo que debería ter ido algo máis amodo. Confiaba en que no tramo en bici podería recuperar (como así foi) pero as forzas van minguando pouco a pouco sen un darse conta.

foto de familia

5,4km en 22:46.

O tramo en bici S2 xa sabía que o tiña que tomar con coidado debido as miñas limitacións técnicas e as da bicicleta, as limitacións sicolóxicas (medo a esnafrarme e lesionarme, non estou para eso) e a que non teño experiencia real de como economizar as forzas en esta proba.

Pronto comezaron a pasarme como avións pero dábame conta de que nas subidas adiantábame algún, pero moitos máis en tramos de baixada e técnicos.

Visto con perspectiva creo que tiña certa marxe para arriscar pero enrriba da bicicleta tes unha perspectiva diferente e na miña escala de valores está primeiro a saúde que facer uns minutos menos ou adiantar media ducia de postos como moito.

Porque tampouco é que o fose a facer moito mellor. Nos tramos de subida ou forza procurei ir sempre con marxe para non ter dor de pernas e lembrando que despois tiña que seguir correndo, pero en ningún momento fun de paseo. As forzas poñen a cada quen no seu sitio. enter image description here Imaxe da galería de La Voz de Galicia (ver link abaixo)

Nos tramos difíciles fixen o que puiden. Só tiven que poñer pe a terra duas ou tres veces. Tiven a sorte de que ía bastante só xa en esta parte da carreira polo que tiña a tranquilidade de poder xestionar a carreira a miña medida e sen agobios. Como dicía arriba fun máis polo rego de auga que pola lama, collendo ben os lateráis donde houbese un pequeno carreiro, etc. Non foi agradable, e reforzaba a miña táctica conservadora, ver varios compañeiros con avarías técnicas ou con caídas importantes.

O S3

E aquí pois xa vas como podes. No último quilómetro de bicicleta baixei un pouco o ritmo para ter algo de pernas e creo que me veu ben. Ao deixar a bici e poñerme a correr notei que simplemente non tiña forza, pero non notei esa falta de pernas que tivera o día que fixen o test.

Fíxen o tramo tan só, sen ninguén diante nin atrás, que pensei que ía de último e así llo preguntei a un dos controladores en bicicleta. Díxome que polo menos viñan tres detrás :P Jaja, tres! Un pouco por orgullo e un moito por falta de forzas decidín ir ao máximo que puidese pero sen asfixiarme, manter a dignidade en todo momento. O único que pasaba era que non tiña forza. Estaba esforzándome moito pero a sensación era de que iba mooooi lento, que non podía levantar as pernas. Curiosamente, vendo despóis a qué velocidade fixen o S3 doume conta de que non o fixen tan mal, corrín a 5:16/km, que non é nada do outro mundo en termos absolutos, pero tampouco é ir andando. Que esta é outra, non quería parar e poñerme a andar (esto 100% por vanidade e orgullo). Arrastrarse es bien, andar es mal. Esto é broma, non hai nada indigno en andar e recuperarse e todas/os o temos feito.

Ao ir so pois paseino relativamente ben neste tramo, pois ía pensando en cómo repartir o esforzo, en cómo respiraba, procurando manter a técnica e tamén que tiña que contar esta experiencia na bitácora..

A última recta foi longa, pero xa pasara o peor e cheguei a meta. Mamá fíxome esta foto. Nótase que vai collendo práctica :D

[caption id=”attachment_2199” align=”aligncenter” width=”225”]Chegada "triunfal", foto de mamá. Chegada “triunfal”, foto de mamá.[/caption]

Non parezo moi alegre, pero estaba satisfeito co que fixen incluso pensando que era prácticamente dos últimos.

O avituallamento era básico, pero con auga, un colacao quentiño e un anaco de bizcocho quedamos todos coma pepes.

Conclusións

En xeral o nivel é superior ao das carreiras populares. Aquí teño a impresión de que veñen os que realmente están motivados polo deporte e faltan todos esos que fan romería ou se lles ocorre apuntarse a carreira da súa vila. Aquí todos teñen un plan, todos se esforzan e a competitividade é maior.

O ambiente ben, eso si. Bo humor, unhas risas antes de comezar… pero despóis a correr!

O meu resultado foi mellor do que pensaba ao rematar. Acabei no posto 78 de 114 chegados a meta con 1h 54’. Houbo moitos abandonos, polo que ten certo mérito xa simplemente ter rematado. Tampouco quedei escarallado e recuperei sen problema, así que para a semana toca facer un trail xeitosiño preto da casa.

Gracias

a todas as personas que traballaron para sacar esta proba adiante, sobre todo despois de terse aplazado por mor do temporal que houbo en xaneiro. enter image description here foto dos organizadores e voluntarios, da web do concello

http://vimianzo.gal/novas.php?id=684&idioma=gl&sec=83

Resultados (strava):

  1. s1 https://www.strava.com/activities/499041370

  2. s2 https://www.strava.com/activities/499042215

  3. s3 https://www.strava.com/activities/499042413

##

Fotos:

Imaxes de La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/carballo/2016/02/22/duatlon-cros-reis-concello-vimianzo-imagenes/01101456168367962137303.htm

Concello de Vimianzo

María r p s