La ladrona de libros - Markus Zusak

Título: La ladrona de libros (2005)

Autor: Markus Zusak

[caption id=”attachment_2208” align=”aligncenter” width=”195”]portada portada [/caption]

Liesel Meminger, sendo nena no albor da IIGM (outra novela ambientada en esa época, sospeito que teño algún tipo de fixación con esto) debe comezar de novo a súa vida. Lévana xunto co seu irmá cativo xunto a unha nova familia de acollida por mor dun pai ausente e unha nai que non pode ocuparse de ela. “Ausente” e “non pode” teñen moitos matices na Alemaña nazi dos anos trinta do século pasado.

Liesel non rouba libros por vicio, ou quizáis un pouco si, pero róubaos porque aprende moi pronto a coñecer o poder das palabras. Grande perspicacia a súa, pois non sabe ler. Tanto na fala, ou atrapadas en esos garabatos pintados en papel, as palabras teñen vida de seu, son poderosas, con capacidade para modelar as personas (para ben e para mal).

E hai personas boas e personas malas. A cabra tira ao monte, e nunha guerra ou situación de necesidade, o noso carácter revélase. Liesel e os seus veciños aprenden a vivir a guerra en Alemaña, evolucioando desde o orgullo de poder ser admitido no partido ou no exército, ate acabar esmagados baixo as bombas inimigas.

A historia é de amizade, de amor real e non empalagante, se non xeneroso. Asimesmo, a novela é bonita, non edulcorada nin mentireira, se non que no medio das circunstancias difíciles fíxase na historia de unha rapaza e só vemos a miseria da guerra cando esta peta a porta, non é preciso saír a buscala. Non hai que agardar moito para que chegue.

Quén nos conta a historia?

A narradora da historia merece capítulo propio. Nun principio pode parecer un pouco pretenciosa, nun plano de superioridade moral respecto dos protagonistas, pero pronto comprendes que fala desde a experiencia, desde o coñecemento da condición humana, polo que entre todas as súas opinións (pois non se limita a narrar) ves moito de verdade.

Este sentimento,

> > seguramente por la bondad de esa gente, por el reconcomio de haber sobrevivido > >

de culpa, ese por qué eles e non eu, é un lugar común expresado en moitos testemuños de superviventes, non só do Holocausto, se non en castástrofes naturáis, accidentes,… É como si crésemos que non temos a valía suficiente, que non merecemos a vida máis que o morto.

Acontece que de cando en vez este sentimento trae consecuencias fatáis

> > Me enteré de que no fue la mano herida ni ninguna otra herida lo que acabó finalmente con […. …] , **sino la culpa de estar vivo**. > >

Nostalxia

> > Anhelaba volver a la inconsciencia de entonces, a sentir tanto amor sin saberlo y a confundirlo con las risas y el pan untado con poco más que el aroma de la mermelada. **Fue la mejor época de su vida**. > >

É importante ter a capacidade de apreciar o importante da vida, ser conscientes de esos momentos. Son momentos que pasan e non volverán.