Título: El Consejo: Conocimiento (2017) Autor: Antonio Zarzo [caption width=”333” align=”aligncenter”] Portada[/caption]
Sinopse en Amazon
Un sacerdote mistérico (Martín) busca adeptos en el subsuelo de Madrid. Uno de los espectadores (Daniel) busca algo que lleva toda la vida sin encontrar. La ayudante del sacerdote (Diana), que se ha estado valiendo del conocimiento de este, por un tiempo, decide que ya es hora de continuar con su camino. Mientras tanto, la organización encargada de controlar a los seres con capacidades fuera de lo normal los vigila. Dentro de la organización hay disputas, y el conflicto se acelerará cuando el sacerdote actúe sin control, dañando a su ayudante y haciendo que el espectador descubra la realidad. La lucha por el control de ‘El Consejo’ ha empezado.
En esta novela, concebida como a primeira de tres que completen a obra, o autor válese de un incidente aparentemente menor que acontece en ese subterráneo de Madrid para que a partir das súas consecuencias unha ficha empurre a outra e descubrir(nos) que existen seres humanos(?) con capacidades mentales de orde superior capaces de controlar a enerxía. E todo é enerxía.
Ao fin, esos peóns son pezas de un grande conflito en estado de larva, pero os seus actos e vontade de obter coñecemento son o motor que fai avanzar a historia en esta primeira parte.
En algún momento podemos pensar que o autor corre o risco de ralentizar o fluír da novela tratando en (relativamente) poucas páxinas de presentar o fío xeral e contexto da historia, aos personaxes, caracterizalos nos seus respctivos roles, pero consigue que vaiamos coñecendo aos protagonistas a través de voltas ao seu pasado, de problemas personales e anhelos de futuro sin quedar atrapados nas silvas do camiño.
A trama acontece en Madrid, e do mesmo xeito que nos son presentados os personaxes, o autor tráenos currunchos menos coñecidos para situalos. Abondan tamén detalles que nos pasan desapercibidos aos turistas cegos, descricións e escenas de edificios e lugares transitados por milleiros a diario que adquiren unha relevancia insospeitada.
Esta primeira novela é autoconclusiva, recollendo a trama cara un final que actúa a xeito de porta da segunda parte de un xeito que parece contradicir o coñecido polo lector. Unha trampa do autor :D Qué nos depararán mentes tan prodixiosas?
É unha novela que se lee de forma áxil, sin enrocarse en si mesma e con un mundo proposto no que non se abusa do fantástico.
Continuará…
Coñece máis do autor no seu sitio en internet www.novelaencurso.es
Un par de ligazóns Asunción Belarte, na súa bitácora, opina sobre a novela. Ana Escudero tamén opina ao respecto da novela.