Ir indo - Correndo na Barbanza

Por fin un artigo sobre correr!!

Últimamente non é habitual que conte por aquí a onde fun correr, o bonito que foi, que lle puxen cara a fulanito e menganita (desvirtualizar se chama), canto sufrín e qué mérito teño! (*)

Mais teño dúas razóns para este artigo:

  • a obligatoriedade do material para poder participar
  • a paisaxe e contorna na que se celebrou a proba.

Equipamento obligatorio en probas de montaña.

Cando me inscribín na proba boteille un ollo ao regulamento. Soen ser todos moi parecidos e a non ser que haxa algunha especificidade concreta para a proba, prácticamente non me fixo en nada.

Sabía que ía a estar correndo preto de cinco horas (claveino!) e nos días previos mirei o parte meteorolóxico que anunciaba chuvieiras ocasionais, forte vento e temperaturas arredor de 10ºC na hora da saída (ao nivel do mar). Subiríamos por enriba dos 600m así que era previsible que zoase ben e a sensación térmica fose baixa.

MATERIAL OBRIGATORIO RUTA A (60 Km.) e RUTA B (35 Km.)

  • Manta térmica
  • Bidón ou recipiente con líquido en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
  • Teléfono móbil con saldo e batería suficiente para estar en contacto ca organización, o mesmo número que se facilitou ca inscrición.
  • Cortaventos ou roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba.

RECOMENDABLE:

  • Sistema de iluminación autónomo: frontal ou similar (ainda que a proba discurre á luz do día, no caso de choiva ou néboa axúdanos á organización a facervos un mellor seguimento).
  • Asubio (no caso de precisar axuda é de gran utilidade)

A organización poderá establecer controis de material en ruta. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta recomendación.

“Manta térmica”. Nin o vin. Coa certa experiencia que teño correndo este tipo de probas, e en esta comarca, eu xa sabía o que tiña que levar. Eu son moi listo.

O caso é que eu non levaba manta térmica e ao pasar para a zona de saída miraban si levabas todo o material esixido.

no corralito, antes de saír

Xa antes de tocarme a min vin que había compañeiros que tampouco levaban a manta térmica (nin móbil, nin “cortaventos”, nin auga,… a todo hai que gañe, incluso a listo) e algún déronlle para atrás para que fose a buscar forma de solucionalo (creo que todo o mundo puido finalmente participar).

Cando me tocou o turno puxen a mellor cara de tranquilidade cando me preguntaron pola dichosa manta do carallo.

- Sr. Agente, ben ve vostede que levo aquí a miña mochila chachi superligera, con un magnífico impermeable (a su vez transpirable, ojito!) cortaventos de-muchos-euros.

- Pero non levas manta térmica? Mira que o puxemos no regulamento ben claro.

Aquí directamente apelei a boa vontade que soe ter esta xente.

- Mira: chaqueta impermeable/cortaventos con gorro + camiseta interior térmica de manga larga + camiseta técnica (de adorno) + pequena toalla (para secarme) + o resto-de-cousas-que-pedides. Creo que vou ben abrigado non?

Mirada condescendente.

- Pasa oh

- Gracias

Eu xa estaba preparado para non correr. Choraríalle un pouco máis, pero así de “ovella” son, que si o fulano me di que non corro pois alí quedo.

Aínda que o dramatizo con algo de sorna, esto aconteceu sempre con boas palabras e respeto (por ambas partes). Creo que, sinceramente, fun ben abrigado. Poñendo a chaqueta non tiven nunca sensación de frío e o único inconvinte foi ter que ir poñendo e quitándoa según che daba o vento.

O asunto é que non facemos caso nin lemos o regulamento. Cando subimos o primeiro cúmio do recorrido (os Forcados) soplaba moito vento e comencei a sentir frío. Subía andando, non correndo, polo que aínda que me tiña que esforzar, o calor que xeraba o meu corpo era menor e ademáis levábao o vento. Non se me meteu o frío no corpo, pero como se ve nas fotos levaba a camiseta térmica debaixo da publicitaria e aínda así agradecín que chegando arriba (xa con vendaval) puiden poñer o cortaventos. Non son montes de altura, pero si totalmente expostos ao vento.

dous compañeiros compartindo ruta no alto dos Forcados

Deus grazas que non choveu, máis aló de unhas saraibas pasaxeiras, porque con ese vento e mollado entón sí que sería un problema para calquera que non levase roupa impermeable.

Estando no segundo avituallamento alguén fixo un comentario sobre o frío e os da organización comentaron con ironía “vedes porqué eramos tan estrictos coa manta térmica?”.

Unha manta térmica non costa nin cinco euros, non pesa e ocupa menos que un paquete de paniños de papel.

manta térmica

Manta térmica

Because shit happens.

Merca un par delas e méte unha no bolsillo da mochila tan chachi que tes ou incluso no portadorsal. A manta non é para correr, é para que si tes problemas poidas gardar o teu propio calor ate que podes ser atendido ou incluso rescatado. Pódeche salvar a vida.

Ademáis, debemos un respeto aos organizadores, ninguén mellor que eles coñecen as circunstancias e o recorrido que montaron.

A comarca do Barbanza

perfil da ruta a realizar

Esta era a altimetría da ruta na que estaba inscrito.

Inicio e final totalmente chans desde Artes(concello de Ribeira); unha subida forte inicial que te leva a un “altiplano” con subidas máis cortas pasando de un pequeno regato ao outro; e unha nova subida seguindo o Rego de San Xoán (A Pobra do Caramiñal) ate case o mirador da Curotiña.

fervenza rego san xoán

Fervenza no rego de San Xoán, A Pobra do Caramiñal. Imaxe: fervenzasdegalicia

A seguinte imaxe é unha de esas pequenas depresións con forma de val por onde corre un pequeno rego con augas claras sobre grandes lousas, outros sobre cantos rodados. Qué placer meterse ate os xeonllos nesas augas!

na zona alta do Barbanza

Cuchos (a planta), vacas, cabalos, bosta, toxos, carrouchas, carqueixas, loureiros, ameneiros, bidueiros, prados, turbeiras, muiños de vento, monte queimado…

E pensar que a piques estiven de non ir por culpa de un resfriado, pero o sábado vin que podía respirar bastante ben e sobre todo tiña bo ánimo e disposición.

A táctica

Saír con sentidiño ate pasada a primeira subida e despois… ir indo.

Finalmente debo agradecer o traballo feito polos organizadores: na información previa, sinalización da ruta, avituallamentos nos lugares indicados, duchas ao pe da meta, comida no centro social ao rematar, … Sempre é un placer ir recorrer os montes da península do Barbanza. Hai catro anos, na primeira edición, xa puiden participar e disfrutar.

Un saúdo tamén a todos os compañeiros/as coas que vas compartindo quilómetros con bo espíritu, espíritu deportivo.

Corrubedo desde a Curotiña

o complexo dunar de Corrubedo, visto desde a Curotiña


(*) comentario irónico, por si había dúbidas ;)


CC BY-SA