El hombre que pudo reinar - Rudyard Kipling

Título: El hombre que pudo reinar (The Man Who Would Be King, 1888)

Autor: Rudyard Kipling

[caption width=”160” align=”aligncenter”] El hombre que pudo reinar[/caption]

En este relato breve o autor consigue transmitir con moi poucos elementos narrativos cómo era a India nos tempos do Imperio Británico no século XIX. E sobre todo cal era a mentalidade dos ingleses en esas terras, cómo era vista como unha terra de oportunidades para forxar un futuro e gañar un prestixio do que presumir (e rentabilizar) na metrópole. Podemos ver asimismo breves pinceladas da composición social e os roles que asume cada un na engranaxe económica establecida para repartir o botín a través de enviados e caciques locáis a xeito de territorios subsidiarios.

Tamén, claro, temos a historia de Dan Dravot e Peachy Carnehan, que foron reis de Kafiristan, un país (imaxinado) no medio das montaña (reáis) no que se autoproclaman reis e son considerados semideuses… ate que deixan de ser considerados como tales.

Son dous aventureiros, vagamundos, buscadores de fortuna, optimistas en todo caso que ven unha oportunidade en cada xiro das súas vidas. E se non, búscana, como en esta historia.

Un autor contemporáneo non faría un relato breve, se non unha triloxía como dios (o mercado) mandan. Sobra material e imaxinería ao respeto do tema e lugar, pero vese que por aquel entonces non era esa a moda.

[embed]http://www.youtube.com/watch?v=rNb6SxXcD7g[/embed]