El círculo - Dave Eggers

Título: El Círculo (2013)

Autor: Dave Eggers

[caption width=”331” align=”aligncenter”] portada[/caption] Esta novela ten dúas liñas no seu desenvolvemento.

Por un lado está a historia da súa protagonista, Mae. Unha muller nova que entra a traballar no lugar soñado por ela e calquera da súa xeneración e que nos vai contando cómo se sinte en este proceso. Aquí, non sei, igoal son eu, pero creo que o autor tira de tópicos en exceso. Non polo que conta Mae, se non por cómo está narrado. Quizáis é o xeito en que está escrita a “literatura para mulleres“, pero esta forma utilizada para describir as inseguridades de Mae, as preguntas que se fai a si mesma, cómo interactúa coas demáis personas,… a min pareceume pouco natural, sobreactuada. Incluso temos cambios no seu comportamento que rozan a esquizofrenia. Esto suponse que é a evolución do personaxes influída polo entorno, pero creo que debería ser gradual e non con saltos cuánticos. Non creo que fose por ser muller, se non porque esas inquedanzas pódeas ter calquera, pero o xeito en que están descritas paréceme que seguen un patrón feito a medida para mulleres.

Faltoulle poñer algo estilo

<code> - Cari, te pasa algo?
 - No sé, tu sabrás!
</code>

Estoume a meter nun lío. Mellor deixalo aquí. Baste dicir quén é Mae e que se ve atrapada nunha situación complicada tras caer nas redes (nunca mellor dito) do progreso e o coñecemento ubicuo.

O segundo fío trata sobre a empresa El Círculo. Aquí o autor caricaturiza o que google, facebook e outras empresas están a día de hoxe facendo… pero todo xunto e na mesma empresa. É unha caricatura pero a estratexia está definida e os obxetivos tamén. One ring to bind them all.

Quizáis semelle conspiranoico, pero a min pareceume descriptivo. Se non sabes de qué conspiranoia falo mellor, así o libro pasará a ser de ciencia ficción para ti.

Historia e descripción transcurren en paralelo e o autor sérvese do ascenso profesional de Mae, das relacións coa súa familia, amigos, colegas, para ir engadindo nivéis ao coñecemento e control ao que aspira El Círculo.

Os sofismos utilizados polos directivos son nivel encantador-de-serpes, con siloxismos baratos pero efectistas. Moi semellantes aos que vemos a diario na televisión por parte de tertulianos, polícos e por calquera que queira atraer a atención masiva. Quizáis causa máis estupefacción vistos así nunha novela que ao vivo na televisión, como se a realidade fose máis sincera que a novela cando non o é.

Creo que o autor tamén abusa da descripción dos servizos que proporciona El Círculo, dos diferentes departamentos e proxectos, é demasiado didáctico ao respecto e creo que a novela sóbralle moita palla. Creo que podería ter contado o mismo, co mismo efecto sobre o lector, pero sen recrearse tanto en estos aspectos que resultan repetitivos e en realidade non aportan nada a novela pois en teoría sirven para mostrar o nivel de control de toda a sociedade por parte de El Círculo, pero esto pódese facer sen tantos pasos intermedios cando escribes unha novela.

Da trama non vou contar nada máis pois en realidade… non hai trama! Sucede todo así fluído, de cómo Mae contribúe a un suposto obxetivo ao que nos imos achegando para El Círculo.

Doulle un aprobado xustiño porque se lee fácil e os paralelismos coa vida real están ben logrados para que cada un ate cabos. O final tampouco está mal. Pero hai mellores cousas en que pasar o tempo. IMO.