El marciano - Andy Weir

Título:_ El marciano_ (The martian, 2014)

Autor: Andy Weir

portada

Portada

Esta novela cóntanos unha historia de supervivencia nun entorno illado, Marte, e unha operación para tentar rescatar a un náufrago. A acción trasládase a un futuro próximo de exploración marciana na que un dos compoñentes dunha expedición da NASA é dado por morto e abandonado no planeta Marte. Pero non, está vivo.

A partir de aquí a novela é un frenesí de problemas, todos críticos para a supervivencia do protagonista (Mark Watney) e que teñen que ser solucionados con inxenio, coñecemento científico, traballo en equipo (a veces), optimización dos limitados recursos dos que dispón e un moito de sorte, pois todos acabarían coa súa vida. Mark é un McGiver de la vida, pero en Marte.

Esta situación crítica, por recurrente, transfórmase no día a día de Mark, que mantén en todo momento unha actitude positiva pero non exenta de realismo ante o crudo panorama que se lle presenta. A este respecto creo que o autor afonda pouco na ansiedade, angustia e pérdida de esperanza que sen dúbida calquera sentiría. Creo que Mark reflexiona pouco sobre a súa situación, pero ey!, quen ten tempo de reflexionar cando tes que poñer as patacas que se che bota enrriba a lúa dos vermes. Si, Mark paréceme demasiado positivo, pero ese sentido do humor que vemos en toda a novela (non só el), está moi ben administrado e non aburre por utilizalo en exceso.

A novela comeza con uns cuantos capítulos onde semella que Mark será o único protagonista da mesma, pero non, enseguida entran en xogo outros personaxes. Entran no “momento” xusto, en ese momento en que dudas de se ese inicio espectacular dará paso a un aburrido tratado sobre un tipo facendo manualidades en Marte. Non hai caso, o libro non aburre nunca, pois non sempre ten éxito e polo tanto nunca sabes se o seguinte problema poderá ser resolto.

A axencia espacial de EE.UU (NASA) é unha das protagonistas, e na súa web ten un especial ao respecto da película e do libro onde podemos ver qué é ciencia e qué ficción con respecto as misións que se están planificando hoxe en día e ao estado da tecnoloxía espacial que se dispón.

O libro está escrito con un ritmo e tensión que semellan propios de unha película que, por suposto, pronto será exhibida. A continuación un dos teaser trailer que hai no youtube, pero ollo, contén spoilers importantes!!

http://monocles.live/watch?t=135&v;=Ue4PCI0NamI

Gustoume moito e paseino moi ben.

Aquí a opinión de Ruth