Engadir feed RSS (magnet+torrent) a Transmission

Obxetivo:

que flexget vixíe un feed RSS e automáticamente baixe o seu contido **establecendo uns filtros apropiados aos nosos intereses. Por exemplo, eres seguidor dunha serie de tv e tes un feed RSS onde ves os capítulos listados. Pois podes “vixiar” de xeito desatendido dito feed para que cando sexa publicado un novo capítulo este se baixe automáticamente. Asimesmo podes especificar que sexa un capítulo creado por determinado usuario, cunha resolución determinada,… ou calquer outro parámetro que **sexa enviado nese feed, así por exemplo, evitas que baixe os capítulos colgados por outro usuario que comprime peor os capítulos, ou sen subtítulos, etc. Esto en linux, of course.

Vuze consume demasiados recursos (java), e non me apetece usalo, pero esta función está integrada de xeito nativo nel.

Por omisión Ubuntu (e outros escritorios con gnome) traen Transmission como cliente de ficheiros torrent e magnet. Dicir que os desenvolvedores de Transmission optaron, explícitamente, por non engadir esta función ao aplicativo. De ahí o obxeto desta guia.

Bibliografía 1. instalar flexget. Resumido en: i. verificar a versión de python. Abrimos un terminal e escribimos python -V debe ser superior a 2.5

ii. instalar pip e dependencias. sudo apt-get install python-setuptools python-pip así como poñer un versión superior de python se fose preciso

iii. finalmente, flexget e o seu conector para transmission sudo pip install flexget e verificamos con flexget -V e o seu conector para Transmission sudo pip install transmissionrpc

Tip: En este punto hai que indicar que para que flexget envíe correctamente os datos a transmission, éste debe estar en execución e ter o cliente web activo. Nas preferencias de transmission, o cliente web actívase nunha das lapelas de configuración, e en principio deixao co porto por omisión e sen usuario e contrasinal. Esto pódese configurar despois para maior seguridade, pero para verificar que funciona ben por agora deixao cos valores por omisión.

  1. coñecer a url da **fonte RSS que nos interesa.** Por exemplo, aquí libros epubgratis.me, pero podes escoller calquer fonte RSS que inclúa unha ligazón magnet.

Evidentemente, esta fonte debe incluir NECESARIAMENTE a ligazón torrent/magnet que nos interesa para que flexget a poida enviar a Transmission.

3. escribir o ficheiro de configuración de flexget esto é a parte máis importante pois filtrará o que nos interesa e mandarallo directamente ao cliente (transmission). Ademáis, é a única parte complicada de esta guía, pois o resto é so instalar cousas. Flexget configúrase co ficheiro /home/USUARIO/.flexget/config.yml seguindo as instruccións da súa web dependendo do tipo de fonte RSS que está “controlando”, os conectores que queremos activar e tamén os filtros que queremos establecer. A modo de exemplo:

feeds:
  nome_feed:
    rss:
      url: http://URL_DO_FEED_QUE_NOS_INTERESA.xml
      ascii: yes
    accept_all: yes
    download: ~/RUTA/ONDE/GARDAR/OS/FICHEIROS/DESCARGADOS/
    transmission: yes
  outroFEEd:
    rss:
      url: outra_url
    outro_plugin:
    outro_filtro:

Gardamos o ficheiro, e executamos flexget nun terminal co parámetro --test, para verificar a correcta instalación do conector, que o transmission está en execución e a correcta sintaxe do ficheiro de configuración. De todo esto irá saíndo información no terminal aberto. flexget --test Se houbese algún erro aparecería a súa explicación na web, moi completa, de flexget (arriba indicada). Se todo foi ben aparecerá o número de contidos que se engadirán a transmission, e se queremos, executamos flexget pero xa sen o parámetro –test. flexget Tip: tamén se pode verificar exclusivamente o ficheiro de configuración con flexget --check

A partir de aquí, só se trata de engadirlle a periocidade e o grado de automatismo desexados a execución do flexget, se esto é o que queremos, se non, simplemente hai que executar flexget cando nos apeteza.

4. engadir flexget a cron coa periodicidade que desexemos ou ben inicialo a través dun script ou ben asociándolle un atallo de teclado

Cómo darlle peridiocidade a flexget a través dunha GUI en gnome con Gnome-Schedule

Recorda que Transmission debe estar executándose para que flexget lle envíe o resultado do feed. Polo tanto podes engadir Transmission ao inicio do sistema para asegurarte de que está en execución e ademáis ser solidario (seeder) cos demáis usuarios como estos o foron contigo (leecher).

Esto tamén pode se útil: habilitar cron a nivel de usuario en ubuntu

Resume: instalar Flexget para que vixíe (automáticamente o non) o feed que interesa e lle pase os datos a Transmission para que os descargue.


Bibliografía: http://www.grosseosterhues.com/2012/02/flexget-installation-and-upgrade/ Grazas!! http://flexget.com/wiki/InstallWizard/Linux/Environment


esta guía non é un copiar/pegar dos que tanto abundan, así que se detectades algún erro ou tedes suxestións ao respecto agradecería que mo indicásedes. Grazas e que vos aproveite ;)