Meridiano de sangre - Cormac McCarthy

Título: Meridiano de Sangre (1985)

Autor: Cormac McCarthy

Meridiano de Sangre. Cormac McCarthy

Meridiano de sangre. Cormac McCarthy, Portada


Resultoume difícil ler este libro. Con dificultades conseguín entrar nel.

Trátase dun “western” onde non hai ningún personaxe que mereza a nosa simpatía para con el. Ningún.

Xa desde o inicio o autor non llo pon doado ao lector escollendo un xeito de narrar que esixe concentración simplemente para saber quén di qué. Frases cortas e directas non permiten ver o contexto de primeira man e non entras nese mundo ate pasado un bo anaco. No libro non hai nada dulce ou agradable. É unha descrición aséptica dos sucesos, o autor non se implica nin toma partido (na miña opinión).

Os personaxes en si son seres violentos, que viven da súa violencia e ningún deles busca redimirse, ou unha alternativa, ou unha saída. Non, simplemente é o seu oficio cazar indios. E fano con gusto, certamente inspirados por “O Xuíz” e comandados por “Glanton”. E os indios seguen a mesma lóxica. Neste aspecto existe coherencia no libro.

O deserto é para min a personaxe principal, pois esa aridez e crudeza propias danlle ese caracter impío que se contaxiara a todo o que acontece no libro. Abundan as descricións detalladas, non so dos lugares onde transcurre a historia, se non que ainda con máis detalle móstrasenos esa dureza do mesmo a pesar da beleza que pode aparentar. Hai certas referencias xeográficas e políticas que dotan de contexto aos sucesos, pero é pouco relevante para a historia en si mesma.

Extráñame que non se teña feito unha versión(suavizada)cinematográfica do libro, e igoal se fixo, pero non atopei referencias ao respecto. Pódese sacar un guión cortiño, sen historias paralelas que despisten, poucos personaxes, algunhas pasaxes “para a reflexión” (esto para darlle gusto aos críticos) e cunha dose de violencia ao gusto do consumidor. Ademáis de xeito doado se podería trasladar o trasfondo da historia (violencia como forma de vida) a outro contexto se o western non estivese de moda.

EDITO: atopei esto sobre o de facer unha película sobre o libro.

Agora terei que buscar algo lixeiro e intrascendente que ler para desintoxicarme deste libro.