Título: Everest 1996 (The climb, 1999)
Autor: Anatoli Boukreev & G. Weston DeWalt
Por qué me gustan este tipo de libros? Porque non precisan de artificios, de metáforas, de hipérboles para enrrugarche o corazón, para abraiarte coa descripción das paisaxes ou a meteoroloxía. Simplemente son a realidade. Son personas de verdade, nun entorno extremo, nun lugar que está xusto no límite da tolerancia humana. Un lugar no que, con sorte, podes sobrevivir unhas horas. Eso si tes moita experiencia ou estás con alguén que a posee; máis meses ou anos de preparación física e sicolóxica; máis o equipamento axeitado.
Resúltame difícil comprender o valor e motivación que a principios do século XX levaban a xente a realizar exploracións polares e de alta montaña. En parte era unha empresa económica, normalmente financiada polo propio país a través do exército ou asociacións comerciais, pero tamén un ansia polo coñecemento. “Por qué escalas montañas? Porque están ahí.” Reclutaban a xente que posuía este ansia.
Actualmente acceder a esos lugares extremos é barato, só costa cartos. Pero unha vez alí, o precio pode subir ao mesmo que ten desde sempre, que non é outro que a propia vida.
> > […] decía que para él y para los demás escaladores, aquella altitud significaba pasar «de un lugar donde cuesta mucho pensar a otro en el cual ya no se puede pensar en absoluto». Se encontraban en la «Zona de la Muerte», esa banda de altitud entre el Campo IV y la cumbre del Everest[…] > >
Este libro relata o punto de vista dos autores sobre a desgracia acontecida o 10 de maio de 1996 no intento de ascender o monte Everest por parte dun grupo de montañeiros pertencentes a varias expedicións comerciais.
Os feitos están narrados tentando describir os feitos e iluminar os puntos controvertidos tras a publicación de Into thin air (Jon Krakauer). Este autor deixaba en mal lugar, sen razóns obxetivas, o traballo e actitude de Anatoli Boukreev na expedición. Repetidamente foi requerido a publicar unha rectificación sen obter éxito. Este libro, Into thin air, semella estar escrito de un xeito máis comercial, no peor sentido da palabra, buscando a espectacularidade e a controversia. Non me apete lelo.
Empezamos o libro coñecendo quén son os responsables da organización, a súa capacidade e experiencia como montañeiros, cómo chegaron a coñecerse e como fiaron a complicada loxística de intentar subir ao Everest.
Igoal se che fai longa esta parte, pero é precisa, pois resulta relevante para explicar feitos posteriores e decisións que se toman en circunstancias extremas.
Varios capítulos debullan polo miúdo a xornada na que se intentaría atacar o cumio por parte das dúcias de personas que estaban no Campo IV aquel día 10. O relato está construído a base dos testemuños dos supervivintes nas horas posteriores, gravacións de entrevistas personáis, e sobre todo o punto de vista de Anatoli Boukreev que era un dos guías contratados na expedición e que finalmente salvaría de xeito directo a vida de varios clientes demostrando grande fortaleza física e valentía ao expoñer de xeito evidente a súa propia vida para tentar axudar.
O libro é áspero, non destaca pola súa prosa fluída ou elegante, se non que ten máis o estilo de un informe minucioso que tenta ser preciso pero aportando o punto de vista e opinión personal dos protagonistas. Non é aséptico, móllase na evaluación dos feitos, pero admite as dúbidas e medos que de xeito natural se dan en esas circunstancias. Que repito, son circunstancias difíciles de entender en toda súa dimensión mentres estás ao quente na túa casa.
> > […]los escaladores […] llegan a su base, después de doce horas de ascensión, agotados y respirando tres o cuatro veces por cada paso. > >
E medio cegos, borrachos co mal de altura, síntomas de edema cerebral e pulmonar, …
Finalmente o libro remata con unha glosa a figura de Anatoli Boukreev que so dous anos despóis morrería nunha avalancha cando estaba a ascender o Annapurna.
E aquí estou. Escribindo unha reseña nun blog.