Título: Solaris (1961)
Autor: Stanislaw Lem
[caption width=”200” align=”aligncenter”]portada[/caption]
Hai que poñer da parte de un para ler este libro. Non hai aventuras, nin hai que fuxir dunha catástrofe, nin batallas, nin trebelliños modernos,… nada. O que hai é xente con un problema importante: enfrontarse, en certo modo, a si mesmos.
Kris Kelvin, un sicólogo, é enviado en misión de traballo a Solaris, un planeta obxeto de intento de comprensión por parte dos humanos desde hai un século. Numerosas expedicións chegaron a Solaris para investigalo tanto física como intelectualmente (si, ao planeta) e traían de volta teorías rocambolescas, cada unha tentando explicar en termos humanos algo que non ten xeito baixo ningún esquema coñecido.
Non fago un spoiler se digo que o planeta, no seu conxunto, debe considerarse como un ente vivo en tanto en canto interactúa de xeito consciente co seu entorno a través de fenómenos inexplicables, e válese das forzas básicas que rexen o universo como a gravidade ou os fenómenos cuánticos para tal fin. Utilizáas a unha escala incomprensible para os humanos.
Esta forma de interactuar trae de cabeza aos humanos.
O problema, en principio, é que os humanos atópanse ante unha realidade allea que non son capaces de reducir a termos comprensibles e, o que é peor para eles(según vemos no libro), imposibilitados para establecer Contacto co planeta. O planeta, ao contrario, ten forma de interactuar cos humanos. Si nos entende, comprende, coñece ou simplemente utiliza para divertirse, non se sabe.
Este pretendido Contacto é o obxeto filosófico sobre o que xira o libro e sobre o que o autor establece varios debates ao respecto, sacando de este xeito temas como a pertinencia de ter fe en algún tipo de deus, do relativismo respecto das relacións personáis e o sentido da vida, sobre o que é estar cordo ou tolo, e utiliza as diversas teorías solarísticas para ironizar, na miña opinión, sobre o vacías que poden resultar as teorías científicas con respecto a comprensión dos fenómenos e sobre todo da súa utlidade para o ser humano como tal.
Resulta estrano ler un futuro imaxinado onde non se coñecen, e polo tanto non se utilizan, as tecnoloxías da información. Os personaxes van a bibliotecas, consultan libros e manuais en papel, … pero teñen videofonos e falan dos neutrinos.
É dicir, o autor imaxina un futuro coa evolución da tecnoloxía presente, tal como fan a maioría dos autores. Nos anos 60 do século pasado, a física de partículas, pola súa relación coa enerxía atómica, estaba en boca de todos, pero internet e o grado de desenvolvemento que acadaría a computación grazas as máquinas aínda non era imaxinado por el, así como tampouco o acceso ubicuo a información.
Porén tivo a imaxinación para ver unha forma de vida, un ente, totalmente alleo ao standar xa non da literatura de ciencia ficción, se non tamén ao canon científico común (si esto existe respecto aos extraterrestres :P ). Esto ten moito máis mérito, pois abreulle un abano novo de problemas aos que enfrontar aos protagonistas en ámbitos de reflexión menos trillados na literatura de ciencia ficción.
Hai varias pasaxes sobre a solarística que, para min, sobran, pois quítanlle ritmo e despistan sobre un argumento e desenvolvemento da historia xa de por si espeso. Pulsar FastForward sen medo.
Solaris é unha novela de referencia que merece atención e aplauso, pero se a edición que les ten un prólogo de algún gurú ou similar… aconsélloche que non a leas. En todo caso deixaa para despóis de ler a novela, pois simplemente caen no eloxio sen medida con respecto a trascendencia da obra e o seu autor, aportando só un hype que a novela non precisa. Desde ahí non cabe a sorpresa, só a decepción polas expectativas de perfección non satisfeitas. Eu prohibiría os prólogos. Epílogos e gracias.
De esta novela fixéronse varias versións no cine. Só vin unha, pero xa me parece digno de eloxio simplemente atreverse a intentar traducila a linguaxe cinematográfica.
Solaris (tv movie 1968)
Solaris (1972)
Solaris (2002)
Aquí o trailer de esta última. O amor y tal y cual si aparece na novela, pero non “tanto” como no trailer :D [embed]http://www.youtube.com/watch?v=rvm7WMbXfeY[/embed]
Actualizado 29/01/2017
Engado a ligazón aos dous programas que Videodrome (Radio3) dedicou a novela e películas.
Capítulo 1. Un cerebro grande y poderoso. Capítulo 2. Un cerebro grande y poderoso.