fotografías tomadas durante unha camiñada
Creo que fago as mesmas fotografías cada ano cando en outono paseo por este camiño na porta da casa.
Ves conmigo?, é por aquí.
Ao inicio temos este pequeno carballo americano, moi fermoso con estos tonos laranxa.
A codia do tronco é lisa e suave, non sei si con oitenta anos terán o aspecto como os de aquí (ver abaixo). Probablemente o seu destino sexa só para madeira, non como o propio.
Primeiro plano da flor (é unha flor propiamente dita?) dunha herba no arró.
Entrando xa no pequeno bosque recíbenos alfombrado o camiño de Crocus (probablemente Crocus serotinus)
Nos bosques son abondosos así tan florecidos en esta época do ano (novembro)
Este semella máis orguioso e está ergueito
Tras atravesar o un par de leiras de pinos, alfombradas de isca, herba baixa frondosa e pequenos cogumelos, chego de volta a un camiño baixo un souto. Xa hai semanas que as castañas se colleitaron, pero ourizos e a folla caída estran o camiño. Materia orgánica que segue o ciclo da vida.
Detalle da capa grosa que se forma no camiño
Fieitas, a escasos metros do río
Os carballos autóctonos tras decenios de vida, teñen este aspecto. Un pouco máis adiante no mesmo camiño. Quercus robur
Castaños e carballos son as árbores de Galicia. Piares da economía de subsistencia durante séculos un xove castiñeiro loitará por chegar a luz a próxima primavera
proporcionando alimento para animáis (landras) e persoas (castañas) antes da chegada da pataca, material de construción, para aparellos de labranza, útiles para a casa, ferramentas para traballo, combustible para cociñar e quentar o fogar.
Un respeto.