Intemperie – Jesús Carrasco

Intemperie – Jesús Carrasco

Título: Intemperie (2013)
Autor: Jesús Carrasco

intemperie

Novamente, pásame acotío, bato un día no título dun libro que hai meses puxen na cola de lectura e sei que ese libro está ahí por algunha razón. Comezo a ler e ao mesmo tempo imaxino as razóns que me levaron a poñelo alí. Imaxínoas, pero non as sei de certamente, imposible para unha memoria flaca.

Supoño que en algún momento lendo algunha reseña sobre La carretera, de Cormac McArthy, xurdiría o nome de Jesús Carrasco e este traballo de seu.

Non podo dicir que unha obra esté inspirada na outra, porque non o sei, pero as dúas teñen ese estilo directo, seco e sen frases subordinadas. As palabras acumúlanse de xeito preciso para dicir o que é preciso dicir, sen adornos que, pretendendo axudalas, as limiten.

El cielo, en su costumbre, lejano.

Este caracter agreste tamén é compartido polo escenario do relato. Un rapaz fuxe da súa aldea, da súa casa, situada nun gran páramo, chan, reseco. Fuxe en busca da salvación, fuxe da falta de esperanza. Condenado en tal situación, atopa un pastor de cabras que o inicia, por non ver alternativa, no coñecemento preciso para sobrevivir en esa terra. A historia conta a fuxida e persecución do rapaz.

Personaxes sen nome, algúns con unha maldade natural e profunda, outros inclinados a axudar a un semellante, unha especie de deserto, o paso de neno a home, violencia física descrita case con frialdade, terrible violencia síquica suxerida máis que mostrada, … son moitos os puntos en común con McCarthy.

Con esta comparación non lle quito ningún mérito ao autor, pois é unha historia breve, ben fiada, con un estilo ben ensaiado e con un dominio do vocabulario que me fixo lembrar aqueles días de escola en que aprendías cómo lle chamaban a un determinado tipo de cesto para a herba, que era lixeiramente diferente a outro cesto, e tiña outro nome, que o cesto utilizado para carrexar as fabas.

Mirarei de ler algunha reseña e información, agora, sobre este libro. Prefiro non facelo antes porque faime máis mal ca ben na hora de disfrutar, ou non, dun libro.

Aquí o que poñen nos anuncios:

Un niño escapado de casa escucha, agazapado en el fondo de su escondrijo, los gritos de los hombres quelo buscan. Cuando la partida pasa, lo que queda ante él es una llanura infinita y árida que deberá atravesar si quiere alejarse definitivamente de aquello que le ha hecho huir. Una noche, sus pasos se cruzan con los de un viejo cabrero y, a partir de ese momento, ya nada será igual para ninguno de los dos.Intemperie narra la huida de un niño a través de un país castigado por la sequía y gobernado por la violencia. Un mundo cerrado, sin nombres ni fechas, en el que la moral ha escapado por el mismo sumidero por el que se ha ido el agua. En ese escenario, el niño, aún no del todo malogrado, tendrá la oportunidad de iniciarse en los dolorosos rudimentos del juicio o, por el contrario, de ejercer para siempre la violencia que ha mamado.A través de arquetipos como el niño, el cabrero o el alguacil, Jesús Carrasco construye un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Una novela tallada palabra a palabra, donde la presencia de una naturaleza inclemente hilvana toda la historia hasta confundirse con la trama y en la que la dignidad del ser humano brota entre las grietas secas de la tierra con una fuerza inusitada.

Comentarios pechados.