La carretera. Cormac McCarthy

Título: La carretera (2006)

Autor: Cormac McCarthy

portada

Portada da primeira edición

Trátase do segundo libro que leo de este autor, tras Meridiano de sangre, e aquí tamén fai gala da austeridade na hora de narrar o que acontece, permítese algún luxo nas descripcións do entorno, e segue a poñer a lupa en dellates moi concretos da acción, describindo minuciosamente aspectos irrelevantes para a historia, para o guión, pero que dotan de densidade ao escenario.

Os personaxes son descritos, sicolóxicamente, a través dos diálogos que manteñen durante a novela. Non abundan os personaxes, sendo un pai e o seu fillo case os únicos protagonistas.

Acontece a novela nunha era de desolación, de un mundo literalmente queimado, sen plantas e animáis vivos, e pai e fillo recorren un camiño da desolación hacia un hipotético lugar onde as posibilidades de supervivencia son maiores e, sobre todo, as probabilidades de non ser comidos sexan menores.

La fragilidad de todo por fin revelada. Viejos y preocupantes problemas desintegrados en la nada y la noche.

Sen chegar aos extremos de Meridiano de sangre, aquí o autor tampouco se priva de certas escenas macabras, pero son máis estremecedoras por crudas e verosímiles que por fantasiosas ou esaxeradas. Enfréntanos a un mundo literalmente espido con dous personaxes en continuo movemento e expostos ao frío e a fame. Son estos os outros dous protagonistas principáis.

Lo que podía soportar en el mundo de vigilia no lo soportaba de noche y permaneció despierto por temor a que el sueño volviera.

Non o pon fácil o autor, pero merece a pena. Non contarei aquí nada da historia, simple no seu desenvolvemento e que só é utilizada polo autor para contar cousas máis importantes, isto é, a relación entre o pai e o fillo xunto coas circunstancias do pasado, a penas debuxadas, que a condicionan.


CC BY-SA