Título: Running like a girl (2013).
Autor: Alexandra Heminsley.
Portada edición inglesa
Intereseime en ler este libro por coñecer o punto de vista de unha muller sobre o correr a pe. Non coñecía a autora, nin si era una recén chegada a esta afición ou ben unha experta que viña a poñer as cousas no seu sitio.
O libro gustoume, mellor dito, resultoume entretido lelo e agradable ler de primeira voz os problemas aos que se enfrentan as mulleres para correr. Máis aló de cuestións de intendencia (vestiario, saúde, …) os principáis problemas son de percepción social, por parte de homes e mulleres (machismo, vamos) e psicolóxicos da propia muller. Ela ten a sorte de vivir nun país relativamente avanzado nos dereitos e roles sociais da muller, pero con todo sentíase intimidada e cohibida cando empezou a correr. Era falta de confianza en si mesma, pero esa merma bebía de fontes diversas (que explica no libro), algunhas alleas a ela.
A autora estructura o libro en dúas partes.
Na primeira relata, en tono coloquial e desenfadado, cómo se fixo corredora cando xa pasaba dos trinta e cómo grazas a unha causa solidaria atopou a motivación para facelo. Fixoo nin máis nin menos que preparándose para correr un maratón (que xa hai que ser atrevido e inconsciente, esto engádoo eu).Fala de cómo cando somos pequenos correr é natural, dámolo por feito, pero cómo esquecemos utilizar ese don. Cóntanos os problemas e dudas habituais **que calquer correrdor, home ou muller, ten que afrontar. Menos algunhas particularidades, calquer persona se ve reflexada en uns e outros, son un ben común. Na miña opinión novela un pouco o relato, pero está ben, **é normal, para facer amena a súa historia. Tamén introduce** anécdotas personáis** que te fan sorrir por ser momentos complicados polos que tod@s pasamos relativizando a súa importancia. Nesta primeira parte escribe moito a cerca de cómo se sinte e cómo percibe que a ven os demáis e cómo esta relación vai cambiando no tempo ate chegar a un cambio no xeito en que ela sinte a necesidade de correr, cambia a fonte da súa motivación.
Na segunda parte do libro dedícase a tentar de botar luz nos sitios que unha persona que non coñeza o que é correr pode sentir un vacío. Tenta desdramatizar o feito de correr, dicir que tod@s podemos facelo e faino explicando as cousas con palabras doadas de entender, traducindo a xerga dos corredores a palabras comúns. Fai tamén un intento loable para derribar certos mitos (absurdos) que circulan no imaxinario común das personas que non corren. Certo é que non comparto todas as súas opinións, pero o libro non desmerece por eso, xa que en xeral os consellos que da son de sentido común sen entrar en fonduras, explicando a individualidade de certas situacións e problemas que deben ser tratados por profesionáis.
Con todo é un libro recomendable para calquera, corra ou non, pois fala de espíritu emprendedor, de buscar a motivación para seguir, de superar problemas, …