La luz que no puedes ver - Anthony Doerr

Título: La luz que no puedes ver - All the light we cannot see (2014) Autor: Anthony Doerr [caption width=”300” align=”aligncenter”] Portada (web do autor)[/caption]

Quero empezar polo que de metáfora ten o título da novela, que fai referencia a todas as cousas importantes da vida que semellan invisibles ao entendemento cotidiano, pero que cando somos privados delas pasan a ser o máis importante. O único importante. Como soe dicirse, as cousas importantes non se mercan con cartos.

A acción da novela ocupa principalmente os anos anteriores e o final da II Guerra Mundial e** céntrase na historia** de Marie-Laure- unha rapaza cega, orfa de nai e filla dun traballador do Museo de Historia Natural de Paris- e Werner, un rapaz alemán, orfo, curioso, intelixente e atrapado polo deber co seu país. As súas vidas transcorren en paralelo e inflúense de xeito inconsciente.

Sen poder esquecer o papel fundamental de un mundo en guerra, esta novela sitúa a guerra como escenario pero son breves e contadas as batallas ou operacións militares, abondando sin embargo cómo esta situación afectaba a vida das personas e como o que podería ser un estado excepcional transmuta en normalidade co paso do tempo e o feito de que a guerra non remata.

A novela adopta a forma de breves relatos a xeito de capítulos que nos levan a escenas de cada un dos protagonistas, non só dos principáis, así céntrase en eles e son caracterizados de forma íntima, non só o que lles pasa, se non principalmente cómo se sinten e evolucionan os seus anhelos e obxetivos na vida.

O autor válese da máxia da radio e das novelas de Xulio Verne para guiar o que de fantasía ten esta novela, permitíndolle aos protagonistas fuxir da realidade e refuxiarse (e aprender) en esos outros mundos imaxinados que, por aquel entón, tanto eran uns coma outros. A radio, a posibilidade de comunicarse a distancia e facer partícipes aos demáis das túas ideas (así en abstracto) era un obxetivo militar máis como poderían ser unha fortaleza nun balcón do atlántico, por alimentar a subversión, coordinación do inimigo, propaganda antipatriótica, control interno da poboación,… Era unha das redes de comunicación máis poderosas, polo que o propio réxime Nazi xa desde o seu acceso ao poder procurou controlar calquer emisión que puidese chegar a súa poboación.

É unha novela dura, realista, triste en moitos momentos, pero personalmente creo que destaca moito máis por cómo describe os** sentimentos trascendetáis,** o que é a vida en realidade, o que move as personas, que non a traxedia da guerra. Os protagonistas son personas, non xoguetes nun taboleiro, incluso os máis aborrecibles sono polo que de humanos teñen. Somos así e cando a cousa se torce cada un tenta aboiar como pode e lle deixan.

O autor tamén transmite esperanza **a través de cómo unha mente aberta, disposta a aprender e a situarse na pel dos demáis, nos axuda a evolucionar e a comprender mellor este mundo. Vemos cómo **estimulando a curiosidade máis que adoctrinando, os rapaces serán adultos con camiños para poder escoller e non ovellas con destino fixado. Esta misma libertade de pensamento e visión alternativa é a primeira víctima de calquer movemento político autoritario, tal como vemos na novela, a heterodoxia non ten futuro en ese escenario.

Unha novela totalmente recomendable.

Premio Pulitzer (Fiction) 2015

Video presentación polo propio autor no que nos conta o que quixo resaltar e cómo se xestou a novela. [embed]https://www.youtube.com/watch?v=IYBK3Lsx7aI[/embed]