Título: Las noches blancas (1)
Autor: Fiodor Dostoievski
Ai! Fiodor Fiodor Fiodor, esto é un sinvivir. Mal de cu e peor de barriga.
Cando menos se atendemos aos seus personaxes, pois aquí temos ao protagonista que en primeira persona nos narra os días máis felices da súa vida cando coñece a Nastenka (Anastasiña), unha moza que máis boa e santa non pode ser xa que garda fidelidade por un home que coñeceu hai un ano e do que non voltou a saber nada ate a data_(*). A pobre ademáis tamén ten os seus problemas na casa. Estando así, agardando no parque e conténdo as bágoas con dificultade, cruza o seu camiño, por azar, co do noso protagonista. Grazas a un acto cabaleiroso (_qué ía facer se non!) traba coñecemento e amizade sincera coa rapaza pasando de unha admiración fraternal a un amor profundo. Pero moi profundo e sentido, que xa sabemos cómo é Dostoievski para estas cousas. Tal é así que tememos que o protagonista remate de pagafantas, pero non, pódocho dicir: _a cousa é aínda peor. _
F. Dostoievski sitúa o breve relato en Petersburgo e de forma sutil pero perfectamente encaixado na historia, temos tamén un retrato da cidade e os seus cidadáns. Oficios, clases sociais, roles sociais, arquitectura, folclore,…
O principal do conto, outra vez, é cómo estamos na cabeza do narrador, cómo debulla os seus anhelos, as súas dúbidas e medos. De cómo se sinte derrotado e no seguinte párrafo xunta valor para seguir adiante. O valor que lle da o amor que sinte pola moza.
A historia como digo é breve, pero chea de matices, con esa facilidade para implicarte que sempre demostra o autor. Os protagonistas falan con presa, con ansiedade, e ao escribir, o autor impón ese ritmo, esa vertixe que sinten e que fai que se atropelen e pisen. Entras nesa voráxine.
Pois eso, a ler este contiño pequeno que tan ben lle quedou.
Xa leras esta historia? Qué che pareceu? Podes compartila nas túas redes sociais libres.
(*) Estamos no século XIX, a comunicación tampouco era instantánea, así que non lle botemos os cans polo rastro ao fulano tan rápido, que un ano pasa voando e nin te enteras.