Yo, robot - Isaac Asimov

Título: Yo, robot (1950)

Autor: Isaac Asimov

I, Robot

Asimov, con esta novela(?) estructurada en varios episodios ligados, presenta a problemática da intelixencia artificial (AI) a través dos conflictos que xurden da aplicación das tres reglas fundamentáis da robótica:

1) Un robot non lle pode facer dano a un ser humano nin permitir tampouco que, por omisión, un ser humano resulte danado. 2) Un robot debe obedecer as ordes ditadas polos seres humanos, bardante no caso de que as devanditas ordes contraveñan a Primeira Lei. 3) Un robot debe protexer a súa propia existencia sempre e cando esa protección non contraveña a Primeira ou a Segunda Lei.

https://en.wikipedia.org/wiki/Three_Laws_of_Robotics

O conflicto non o sufre o robot, que simplemente actúa en consecuencia a cómo foi programado e aplicando as tres reglas (en esa orde) ante calquer situación. O problema é para os humanos cando non previron as consecuencias.

Son reglas producto da imaxinación do autor, son estas como podían ser outras e como podían ser sete e non tres. O asunto é que establecen o_ patrón de comportamento básico de cómo debe rexir o razonamento do “_cerebro” artificial de un ente mecánico e autónomo. Esta novela e as súas reglas perfundiron non só na literatura posterior se non tamén en debates académicos ao respecto da programación de ordenadores que deben tomar decisións por si mesmos.

O tratamento que fai na novela é moi interesante, pois non vemos os problemas que causan os robots como un problema de programación, se non como un asunto de psicoloxía, de cómo “pensan” e de cómo un ente autónomo debe tomar decisións en áreas onde as reglas coliden entre si. É un dilema para un cerebro de este tipo distinguir entre diferentes tipos de ben ou mal. Decidir entre darlle prioridade a un posible resultado a longo plazo ou ben unha solución instantánea pero que posteriormente se pode voltar contra os humanos. A veces, o que o robot entende como beneficioso para o ser humano, pode que non sexa o que este entende como prioritario. Poderíamos dicir que levado ao extremo a intelixencia artificial é dixital nun mundo analóxico. Serán programados no futuro de tal xeito que costará diferenciar os comportamentos humanos dos trebellos creados por estos, pero haberá quen se encargue de distinguilos :P

Rick Deckard

Como dicía, a novela consta de estas historias escollidas para presentar esas zonas grises na toma de decisións e tamén para ver cómo os humanos deben tamén aprender a vivir nun entorno operado baixo unha lóxica que os desconcerta. Cómo tratar con un can que se comporta de un xeito non habitual de comeza a trabar na xente? Por qué?, se eu o eduquei cómo debía. En qué errei?

A novela está escrita no berce da implementación a nivel industrial/comercial da computación automática con máquinas (outra vez Turing!) e destaca por ver o “conflicto” cando aínda estaba nacendo e cando para a maioría da xente, fora de círculos académicos moi reducidos, era tan verosímil como hoxe a manipulación xenética de seres vivos adultos. Probablemente, naquel entón, sonaba igual de abraiante o dos robots como estas técnicas, e as implicacións dos posibles usos que se lle pode dar… aínda máis alucinantes/esperanzadoras/terroríficas.

Seguramente xa leras esta novela. Qué che pareceu a ti?

Se esta reseña che fixo lembrar o libro e cres que lle pode interesar alguén, podes compartila utilizando as íconas de redes sociais de aquí abaixo.

Grazas pola visita e chegar ao final! :D

Ah! E hai varias películas que se aproximan as propostas do libro.