Título: **The Barefoot Running Book Second Edition: A Practical Guide to the Art and Science of Barefoot and Minimalist Shoe Running. En Amazon. **Autor: Jason Robillard A reseña deste libro será breve por dous motivos. O primeiro é que no aspecto literario este libro carece de interese. Formalmente trátase dunha mezcla de relato de experiencias personais propias do autor, citas de outros autores sobre o tema e programacións de exercicios e entrenamentos para introducirse no mundo de “correr descalzo” ou con calzado “mínimo”. O segundo é que non podo aportar a miña experiencia pois interesame o tema en tanto que propón unha forma de correr centrada en correr con saúde e de xeito natural, pero ate o momento de escribir esta reseña o máis que fixen ao respecto foi variar a miña forma de correr (a técnica de carreira) a unha forma (postura) similar a que propón o barefoot. Este cambio fíxeno hai meses preocupado polo estado dos meus xeonllos e tras leer a cerca de outros métodos como o POSE, ChiRunning, …
O libro está escrito nun estilo directo e claro, estilo USA :P , que se lee doadamente sen cansar ou aburrir.
Na miña opinión este libro** merece ser lido se sintes curiosidade** polo tema xa que relata os motivos que levaron a determinadas personas a realizar dito cambio (apartar as zapatillas amortiguadas) e o que supuxo dito cambio. Explica de xeito explícito os posibles problemas que poden xurdir e cómo evitalos. Ademáis de propoñer unha inmersión nesta técnica desde o verdadeiro inicio. O problema fundamental soe ser, según varios dos corredores citados, facer demasiado pronto e demasiado rápido a transición das zapatillas amortiguadas ao barefoot.
Non cae en teorías conspirativas en contra dos fabricantes de zapatillas, pero si constata a súa miopía neste eido, cando non indiferencia culpable, e cómo están variando de opinión ante o emerxente mercado minimalista. Cita tamén varios estudios sobre cómo correr “amortiguado” ten contraindicacións e que este tipo de calzado incita a correr con unha técnica que pon moito estrés sobre determinadas estructuras do corpo que non están preparadas para ese esforzo. E aquí entrarían en xogo as técnicas de carreira propostas para evitar esas tensións (arriba citadas) e cómo o simple xesto de correr descalzo fai que necesariamente cambies a un tipo de carreira que evita esos problemas.
Para min que a xente poida correr unha maratón, trails, ulta-trails,… descalzo, xa merece un respeto. No libro conta a súa experiencia na Hallucination 100 (vaia nome!) en Woodstock (EE.UU.) coma o cúmio da súa carreira e cómo logrou rematala.
No libro aparecen numerosas ligazóns a webs con información, plans de entreno, blogs de barefoot runners, foros sobre o tema, asociacións, clubes,…. Só citar aquí a Living barefoot con unha ampla e interesante sección de recursos para ampliar información.
Aviso: **ler con interese e espíritu crítico, pois non debe tomarse todo ao pe da letra nin por suposto o que lle vai ben a unha persona lle irá ben a todas. No libro alude constantemente ao concepto de **form, que poderíamos traducir como estilo, técnica de carreira, postura… e indica que este estilo é propio e personal ainda que con puntos en común entre todos os corredores que xurden da naturalidade propia do feito de correr. Polo tanto non debemos centrárnos (obsesionarnos) cos aspectos concretos da técnica se non máis ben procurar que o estilo sexa limpo, suave, sen dor, eficaz.