Gráfico Km por Semana / Kcal. / Kg.
Datos
n/a: km. en bici, andainas, nadando, ximnasia, etc.
Pois o obxetivo principal a primeiros de ano foi voltar a ter boas sensacións correndo e preparar un par de “Medias” en primavera. Como creo que pouco máis rápido podería correr, agora prefiro ir máis amodo (pouco) pero regulando mellor sabendo cómo e cando teño que esforzarme, pero o que si teño seguro é que os esforzos agónicos a min non me van. Respeto moito a quen deixa o fígado por correr un 10K en trinta segundos menos, pero eu esos 3”/km agradézoos moito e son os que me permiten disfrutar realmente correndo.
Postos así, participei nun total de 20 carreiras populares das que foron tres Medias (Viana, Coruña e Pontevedra) e unha Maratona (Ourense). Na Maratona xa contei cómo foi (éxito relativo), pero por intensidade do esforzo creo que subindo a Esgos foi onde máis me exprimín este ano; e para olvidar a popular de Ordes. Con uns trinta e pico graos, a medio día, tiña a sensación de ir arrastrándome. Creo que realmente me estaba arrastrando. Non gardo un recordo agradable dos 50Km. da andaina do Sar (Padrón), por razóns alleas a organización, que fai un gran traballo.
No 2011 fun as catro provincias galegas e Portugal, para o 2012 espero poder correr algunha de montaña en Asturias e/ou no Bierzo. No inicio do ano irei sumando quilómetros e se vou asimilando ben, participarei na Maratón que hai en Coruña a mediados de abril. Procurando evitar os erros anteriores (falta de km e coidar os músculos).
Outro obxetivo é ir pasando a correr cunha técnica que coide máis a musculatura e as articulacións pois espero seguir correndo e disfrutando de correr durante moitos anos. Dende o verán pasado estou acortando a zancada e aumentando a frecuencia. Entre eso e estirar correctamente e reforzar a musculatura das pernas estou conseguindo correr con menos molestias e sobre todo sen case ningún problema na vida normal.