**Título: **Viajes con Heródoto (2004) **Autor: **Ryszard Kapuściński
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”200”]Portada[/caption] ***** Quén é Heródoto? Podemos consideralo o primeiro “cronista”, o primeiro que tentou poñer por escrito a Historia do mundo coñecido. O traballo dun grego (no senso amplo da palabra) do século V a.c.
Ryszard Kapuściński presentanos a un Heródoto con unha misión importante: que non caia no esquecemento o acontecido. Preséntao como un reporteiro, como unha persona interesada non só na veracidade dos feitos tentando aportar fontes variadas e distintas versións dun suceso, se non tamén dotar de contexto a esa historia.
Este libro, Viajes… _, conta os inicios da carreira profesional do autor e como o libro _Historia o acompañou durante anos aportándolle tanto entretemento como inspiración en múltiples momentos.
O autor foi un escritor polaco que comezou nos anos 60 do século XX a traballar como enviado especial a paises como India e China e explícanos os séus inicios na profesión e o xeito en que chegou a tal oficio. Narra certos acontecementose relevantes de aqueles tempos pero sobre todo o punto de vista dun reporteiro dun país comunista que, por ser tal, tiña acceso a lugares e sucesos vetados para outras personas.
Conta tamén as limitacións (económicas e políticas) coas que tiña que lidiar en esos destinos profesionáis e cómo disfrutaba co contacto cos “diferentes” tentando comprendelos e adaptarse as diferentes formas de vivir. Escribe desde o respeto, ainda sendo crítico, un pouco ao estilo Heródoto.
A min fíxoseme entretido. Intercalar sucesos do século XX coa política greco-persa no século V A.C. non é doado, pero así como o autor se sinte atrapado en aquelas batallas e nas decisións que tomaban certos personaxes históricos, así te ves ti transportado a historias máis que coñecidas pero nas que o autor aporta as súas preguntas como periodista que quizáis eran as mesmas preguntas que se facía Heródoto cando escribía. Preocúpase e especula sobre as personas protagonistas dos feitos, qué os motivaba cando decidían sobre tal ou cal asunto. As respostas son as de sempre: codicia, avaricia, ciúmes, vanidade, envexa,… por sexo, riquezas, poder,…