Madre Noche - Kurt Vonnegut

Título: Madre Noche (Mother Night, 1962)

Autor: Kurt Vonnegut (wikipedia)

portada da primeira edición, wikipedia

portada da 1ª edición, wikipedia

Este libro é unha novela, unha ficción situada arredor da Segunda Guerra Mundial, escrita en primeira persoa como as memorias de Howard Campbell Jr.

Howard está preso en Xerusalén, á espera de xuizo acusado de formar parte da engranaxe política/militar/económica do goberno nazi alemán e para dirimir as súa responsabilidade. Durante esta espera reconstrúe a súa vida dun xeito que poderiamos describir como aséptico, onde non xustifica o seu proceder se non que máis ben explica o seu razonamento para facer o que fixo. Tampouco se desculpa nin cae na postura fácil de dicir que cumpría ordes.

Moi arriba no escalafón do aparato de propaganda nazi, ocupábase tamén da emisión radiofónica en lingua inglesa para todo o mundo. Manter a moral alta, cohesionar á poboación, fomentar o medo, enviar desinformación… todo parte do seu traballo. Máis, ¿para quen traballaba realmente?. A él non lle preocupaba este detalle, os seus problemas personais non estaban aliñados cun ou outro bando, nin outorgaba unha superioridade moral a ningún deles, se tiña ese traballo foi polas circunstancias da vida.

Así, o relato xira en torno ás circunstancias do seu matrimonio e cómo o carácter daquela relación levou a moitos dos sucesos presentes que o teñen preso en Israel.

Ó inicio da novela establece o seu escepticismo sobre a bondade da natureza humana, e ben a dicir que cando hai unha guerra todas facemos o que podemos. Xulgar desde a distancia é moi doado (esto dígoo eu) e no medio dun tsunami o que intentas é manterte a flote.

A guerra é unha merda. Está claro?. Non hai aventura, nin desafío, nin grandeza, e sobre todo non hai honor. É un proceso destructivo a grande escala, onde se te cingues a constructos morais o único que fas e darlle vantaxe ó adversario para que te mate. A guerra son uns empresarios e uns políticos conchavados para enviar a infantería a matar e morrer polos seus intereses. A guerra tamén é defenderte de quen te ataca. Quen atacou primeiro non é tan doado de establecer como parecese a simple vista, non sempre é quen disparou a primeira bala.

O estilo da novela é directo e nada afectado, con consellos de experiencias vividas e moitos momentos de humor cínico. Entretida e doada de ler, non creo que deba ser leída para realizar xuicios morais sobre un ou outro bando. Para eso xa temos a Hollywood.

Estoume situando na equidistancia entre a Alemaña Nazi e Os Aliados?. Non. A vida é máis complicada que as películas ou as novelas e a Historia cóntana os vencedores (das guerras). Estoume a meter nun lío con esta reseña, xa vexo. Un exemplo, voltando a Hollywood, serían os centos de películas de aventuras ambientadas na II WW en contraste á propaganda da industria cinematográfica do III Reich. ¿Qué me estás contando? ¿as risas na cantina bailando coas mozas (sic) dos pilotos da Royal Air Force minutos antes de saír pitando a destruír Dresde? (exemplo da novela). ¿A camadería e amizade forxada durante aquelas semanas de aventuras en Iwo Jima? Non costa imaxinar un musical onde un Einsatzgruppe de guapísssimos arios cruza media Europa de cantina en cantina con alegres muchachas en cada vila que os acollen con agarimo por liberalas do monstro comunista/sionista ata que en Babi Yar, finalmente, dan unha lección exemplar de organización e eficiencia, cun número de baile final memorable.

Non sei por que engadín esta reflexión personal, pero aquí queda.

A partir de esta novela fixeron unha película en 1996.


CC BY-SA