McLaren presenta MP4-26 en Berlin

Presentado en Berlín por asuntos do patrocinador principal nunha ceremonia na que uns mecánicos foron montando o coche en directo (formaba parte do chou), puidose seguir a través da web o equipo.

Estos coches de presentación son un mero artefacto publicitario, e incluso os que estamos a ver nos test estos días pouco se parecerán, en canto a rendimento, ós que veremos na primeira carreira. Soen esconder sobre todo os pequenos trucos aerodinámicos que poden resultar ser un factor diferenciador para que non teñan tempo de copialos para probar en pista antes do inicio do campionato. Esto pode darlle a un equipo cinco ou seis carreiras de vantaxe que pode rentabilizar en puntos e publicidade.

As entradas de aire dos radiadores parecen ser o “truco” máis destacable por agora. Seica que é para que chegue aire máis “limpo” ó alerón inferior traseiro.

Noticia e fotos en Autosport:

autosport.com - F1 News: McLaren reveals the MP4-26 in Berlin.

Video da presentación: [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=k6fmTIghX6I]