Orde 227

Orde 227

Nestos días de confinamento, de asedio, abundan as novas nos medios sobre o traballo das forzas de seguridade e orde do estado para facer cumplir o deber de todo cidadán: quedar na casa

Hai xente que polo seu traballo debe saír da casa, o resto temos que permanecer nela baixo pena de multa e incluso os reincidentes teñen ameaza dun xuizo penal.

Mal que ben, a gran maioría quedamos na casa, pero non sen un gran esforzo que a medida que pasan os días debe loitar co desánimo.

As brigadas de balcón xurdiron xa nos primeiros días, víanse estimuladas polas mensaxes coas que os medios nos asulagaban sobre o imperativo que resultaba cumplir estritamente o decreto ministerial de alarma.

Tamén as estimula outro sentimento, o de traizón.

Cando leo novas sobre denuncias, hostigamentos, ameazas, insultos, … non deixa de virme a cabeza a represión como método de acobardamento e os medios como arma de adoutrinamento.

Non son inxenuo, ambos procesos son previos a este cuasi estado de guerra no que nos atopamos, ainda que atemperados pola falta de urxencia. Por certo, sobre a dialéctica bélica, outra consecuencia perigosa, abusar da comparación faiseme un insulto para quen realmente está a sufrir a guerra.

Nin un paso atrás!!

Esta era a consigna nas filas soviéticas durante a II Guerra Mundial, dictada nos peores momentos da contenda (para os soviéticos).

Estampiña de 1945, da wikipedia

estampiña conmemorativa de 1945, na wikipedia

A Orde 227 establecía que non había dereito a retirarse se non había unha explícita e directa, baixo pena de morte.

La orden también establecía que cada Ejército del Ejército Rojo debía crear “destacamentos de bloqueo” (заградотряд, заградительный отряд) para vigilar que las tropas del frente no retrocedieran y, en caso de que lo hiciesen, disparar a los “cobardes”.​ […]

En el preámbulo de la orden estaba escrito que estas dos medidas habían sido implementadas con éxito por los alemanes en su retirada de invierno.

cita da wikipedia

¿Cal era o obxetivo?

Si bien su propósito era estimular la moral del Ejército Rojo, tuvo un efecto generalmente perjudicial y algunos comandantes solían no implementarla, ya que veían el destinar tropas a unidades de bloqueo como un derroche de recursos.

wikipedia en español

During the first part of the war on the Eastern Front, the Soviets suffered heavy losses along with mass retreat and desertion. Stalin released order No. 227 intending to re-establish discipline in the Red Army in the battle against the Wehrmacht

wikipedia en inglés

este obxetivo paréceme moito máis realista, manter a orde e disciplina.

Brigadas de balcón

Necesito facer un símil cos Shtrafbat? (Batallóns penais soviéticos)

Certamente non contribúe á moral da tropa ver aos paseadores de bolsas da compra, os noctámbulos, etc. Nin tampouco a quen directamente decide que lle da igual o que digan as autoridades sanitarias. Pero…

El confinamiento y el estado de alarma tienen el obvio peligro de suponer, por la situación de excepción, terreno abonado para el autoritarismo estatal, pero corremos el peligro de, no sólo no mejorar en nuestros hábitos inmunitarios sino empeorar, y que se imponga la actitud autoritaria y de inmunidad viciosa en la propia sociedad civil. Hemos de protegernos del autoritarismo de balcón como el de esa mujer que jalea a unos policías mientras estos reducen a otra que pide socorro, o las reiteradas imágenes de vecinos increpando a transeúntes sin saber a qué obedece su estar en la calle, o el de esos vecinos que piden a otros que llamen a la policía cuando salga a pasear el del 5º, que no aplaude todos los días a las ocho.

Esas actitudes son muestra de excesos inmunitarios y de una inmunidad viciosa, cerrada por completo al otro, idiota.

cita de _“Inmunidad comunitaria frente al autoritarismo de balcón”

Pois iso, que hai que tomar decisións en base a principios éticos e menos deixarse levar pola víscera, porque a víscera témola todas, pero non compartimos os mesmos principios éticos e abundan actitudes que semellan querer resucitar a Orde 227, máis por cuestións de disciplina que de moral da cidadanía.

Ben jodido estou, aislado e na casa, así que aquí simpatizo co fulano este que, se ben está faltando ao respeto ao millóns de persoas que se joden quedando na casa para diminuír a probabilidade de enfermar e que outros enfermen, representa a ansia de liberdade. Coidado co experimento social este, por que inevitablemente está a ser tal, non vaia deixar un feixe leis que limiten non só a liberdade de movementos se non incluso de expresión.


CC BY-SA