Endure - Alex Hutchinson

Run a lot of miles
Some faster than your race pace
Rest once in a while

Michael Joyner, un pequeno plan de adestramento, estilo haiku. Citado no libro.


Título: Endure (2018)

Autor: Alex Hutchinson

portada, na web do autor

O haiku superior, sen facer spoilers, ven a ser o resumo do libro para quen busque nel un plan de adestramento ou unha receita a seguir. Non se atopará nada máis concreto nel, xa que este libro é unha busca dos límites da resistencia humana. Resistir, correr un pouco máis rápido do que crías que eras capaz de correr, chegar máis lonxe do que nunca pensaches, aguantar, soportar a dor, ata onde é posible?

Aínda que o libro parecese enfocado a un tipo de resistencia física, a un coñecemento profundo da fisioloxía humana que nos levase a establecer criterios obxetivos (vo2max.? lactato?) para determinar o posible, pronto se descubre que esos números son un camiño para chegar a causa primeira, pronto tamén xurden demasiadas excepcións nas que o que cremos imposible resulta demasiado común ao fin.

Os científicos do último século levan estudado infinidade de parámetros fisiolóxicos, con técnicas cada vez máis sofisticadas, e cada vez é máis evidente que todas as probas apuntan hacia un lugar: o cerebro. Principalmente o sistema nervioso autónomo.

Os seres vivos funcionamos a base de relacións químicas, moléculas e impulsos eléctricos que van e veñen serven para comunicarse entre as distintas partes dun organismo vivo. Todos os procesos químicos que nos forman teñen circuitos de retroalimentación para manter un equilibrio ou homeóstase que coida de nós para que sigamos vivos. Os mecanismos en que estos circuitos actúan coñécense e estúdanse desde hai séculos, pero os que interveñen para non sufrir un ataque ao corazón cando subes a un pico, ou se derreta o cerebro correndo no mes de xullo as catro da tarde non están a día de hoxe completamente caracterizados.

Coñécese que existen, pois notamos os seus efectos, notamos cómo entran en acción, podemos manipulalos, e cómo moi ocasionalmente fallan (por accidentes ou enfermidades), pero son marabillosamente efectivos. Sabemos que actúan porque nos fai ir máis amodo, poñernos a sombra, sentir sede, … antes de realmente estar deshidratado de xeito perigoso, antes de alcanzar determinada temperatura, moito antes de quedar se enerxía nos músculos, … Esos límites están ahí para todos nós, pero con grande variabilidade interpersonal e sobre todo son plásticos, son modificables actuando sobre os mecanismos inconscientes que os controlan.

A través de experimentos de laboratorio íllanse as variables para intentar determinar a influencia de todos os factores externos sobre os que este sistema autónomo ten control, e recibe información para adaptar a resposta en consecuencia. Nestos estudos compróbase que o que críamos ser límites fisiolóxicos naturais non o son tanto e que se pode manipular a resposta do sistema nervioso autónomo (override).

Quen non pode relatar acerca de ese sprint final de 300m. cando hai dous minutos sentías que realmente non podías nin levantar a pernas? :D

“Typically, athletes are pretty in tune with their body awareness,” Lori Haase, another of Paulus’s colleagues, told me. They’re in a state of watchful anticipation, ready to handle any discomfort that arises.

Quen non pode relatar ao respecto? Esa molestia onte non estaba ahí; ¿estanme empezando a arder os isquiotibiais; levo 20km e mira que pausado e relaxado respiro;…

Breaking2

O autor seguiu como periodista o acontecemento Breaking2 no seu primeiro intento (*), tratando de superar un deses límites que semellan fóra do alcance: correr 42,195km en menos de 2 horas.

O reto reúne todos os elementos que a día de hoxe están na mesa dos científicos para poder superar este tipo de barreiras (sen drogas ou outros artiluxios non permitidos), e actúa de fío conductor para algúns dos ámbitos de investigación sobre os que se abunda no libro.

Eliud Kipchoge adestrando nunhas probas para o breaking2

Eliud Kipchoge adestrando para o Breaking2, por Vision Invisible, licensed under CC BY-NC-ND 2.0 en Flickr

Citas e Artigos

o libro é o traballo de preto dunha década como xornalista visitando e consultando cos máis reputados especialistas de cada ámbito, con ducias de ligazóns a estudos e experimentos, proporcionando puntos de vista diferentes sobre cuestións en disputa, explicando a evolución no tempo de teorías xa non aceptadas, se non consideradas como a explicación a todo fenómeno e que posteriormente se viron arrinconadas por outras cun enfoque diferente e máis global. Os doutores de moi variadas disciplinas levan máis dun século na procura de atopar qué establece o límite do noso corpo.

O propio Alex Hutchinson foi atleta de nivel nacional e relata experiencias propias pasadas polo tamíz de todo o aprendido e cómo ese coñecemento fixo cambiar o xeito en que as entende.

Como non, explóranse campos como os da alimentación e diferentes formas de adestrar, pero todo o libro está enfocado a destacar que no cerebro reside o sistema que en último extremo marca o que somos capaces de facer, así como as diferentes rutas de acceder a estos sistemas e atopar xeitos de incidir sobre a súa resposta a falta dun coñecemento real do seu funcionamento.

Outro consello final

Se comecei cunha cita, un plan de adestramento, remato con outra do propio autor a modo de consello

If I could go back in time to alter the course of my own running career, after a decade of writing about the latest research in endurance training, the single biggest piece of advice I would give to my doubt-filled younger self would be to pursue motivational self-talk training—with diligence and no snickering.

Non negues o teu diálogo interior, aprende a manexalo de xeito en que te acompañe nos malos momentos e te faga voar nos bós. Estás a comunicarte co teu sistema nervioso autónomo.

Se unha conclusión saquei do libro é a importancia do que o cerebro cre posible, sexa polo aprendido en experiencias anteriores sexa polo adestramento que lle podemos dar.

(*) finalmente acadado en outubro de 2019.


CC BY-SA