OpenBSD máis XFCE no Travelmate 2000

Instalando OpenBSD no Acer TravelMate 2000

Unha computadora (laptop) de máis de dez anos, con 1Gb de RAM e un só procesador tamén orixinal da época, recibe unha nova vida tras o windows que traía, varios ubuntus e os últimos cinco ou seis anos gardado nun armario.

A batería está case inoperante, o ventilador funciona case a tope tras poucos minutos, a pantalla perdeu moita luminosidade, … pero funciona!!. Agora con openBSD

Na BIOS do ordenador podes escoller iniciar desde o disco duro, a rede ou cd/dvd. Como por rede parecíame máis complicado e tiña que configurar outro equipo para servir os ficheiros, descarguei unha imaxe ISO co instalador mínimo.

Para iniciar o proceso de instalación indica que debes executar

boot> bsd.rd

mais debes comprobar que está na raíz do disco, no caso da miña iso está dentro dunha carpteta

boot> /6.7/i386/bsd.rd

comezo da instalación

Choose (I)nstall and follow the instructions.

Na computadora non había nada interese, así que a instalación foi doada xa que non fixen ningunha partición personalizada do disco duro e escollín as opcións por omisión (marcadas con [ … ]). Tomou o disco duro completo, configurou a conexión de rede automáticamente (ethernet), instalou os file sets incluídos no DVD, creei o usuario ghose e enter, enter, enter,… reboot)

Problemas

  • o sistema quedou parado (uns 20’?) instalando os firmawares intel e radeon. Premín Crtl+C e continou. Despois comprobeino e estaban instalados.
  • a disposición do teclado durante a instalación é a inglesa e no contrasinal para root metinlle caracteres que despois non atopaba. No inicio do sistema (boot -s) hai que restablecer o contrasinal de root (passwd).

primeiro reinicio

pantalla para iniciar sesión con ghose tras o reinicio

Iniciado o sistema e cambiado o contrasinal de root puiden instalar algún programa básico como o editor nano.

# pkg_add nano 

usuario ghose

aspecto tras iniciar sesión co usuario “ghose”

XFCE

XFCE é un entorno de escritorio lixeiro pero co aspecto e ferramentas que cabe esperar nun entorno moderno. Seguín as instruccións correspondentes neste artigo e iniciei sesión xa a través de slim.

slim greeter

iniciar sesión utilizando “slim”

escritorio xfce

dentro de xfce ó fin

Aínda non lle dei un uso real, e vai lento en comparación a un ordenador actual pero semella totalmente funcional. O sistema está instalado e podo aprender e coñecer as súas caracteríticas, non descarto instalar algún outro escritorio lixeiro


CC BY-SA