Hoxe, no comezo do mes que como norma celebra as Letras Galegas, non reseño un libro, se non un sitio web.
palabrasdesconxeladas.gal, de Henrique Harguindey, tradutor e escritor.
Por unha desas cousas que os buscadores de internet interpretan ao seu xeito, por razóns que só o algoritmo coñece, vin nunha web que mencionaban o libro “O reiciño de Galicia, Victor Hugo”. Así, co título en galego chamoume a atención, un pequeno relato do que xa falarei aquí.
Le petit roi de Galicie, Victor Hugo
aínda que na editorial Laiovento está mal referenciada a ligazón (na hora de escribir esto) o libro pódese pedir.
O caso é que este autor pon a disposición pública boa parte do seu traballo, podendo atopar traducións de clásicos da literatura francesa, cunha licenza Creative Commons e tamén obras propias.
Por certo, que de Laiovento teño outro libro (web), Hai santos que non queren ir ao ceo, David Conde, unha novela histórica.
Sirva para dar difusión ao seu traballo durante tantos anos.