Título: Purga (2008) Autor: Sofi Oksanen, tradución ao galego Tuula Ahola.
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”418”] o libro, edición en galego[/caption]
A autora lévanos a dous tempos históricos tan separados como o tipo de vidas que describen. Ambas discurren paralelas ate que finalmente rematamos ligándoas, non só narrativamente se non de xeito emocional ao ser o caracter, personalidade e vida das protagonistas consecuencia de ese pasado aparentemente tan afastado.
Por unha parte temos a vida rural na Unión Soviética arredor da II Guerra Mundial (pero non nela) onde nunha familia xorde o resentimento desde o amor. É iso posible? Si. É unha historia de xente pobre, empobrecida aínda máis pola política estatal e ademáis baixo un control político dictatorial que alimenta a purga da disidencia e a disensión. Non sofren por estar necesitados nun aspecto material, se non polo que implica ser asoballados e utilizados por quen detenta o poder. Sexa este poder de índole política, como na novela, ou económica, que para o caso ven a ser o mismo. Non son donos da súa vida.
Viven como se vive no rural: de traballar a terra, do froito que arrincas dela. Describe a autora ese mundo a través das relacións personais, dos xestos, das tarefas propias do campo, da comida, de cómo se aproveitan os (escasos) recursos.
Pero tamén describe outras realidades.
_"Os negróns tápanse e unha cala. Así se fixera sempre"_
Realidades universáis así como convencionalismos culturais
As mulleres normais e correntes casaban e tiñan fillos, e agora era unha delas[...] Se quedase solteira todo mundo pensaría que tiña algún defecto. A xente pensaba así,[...] [...]Os vermellos pensarían...[...] Outros farían conxeturas... [...] Ninguén se atrevería a dicir... [...]
Fuxir cara adiante pode ser máis doado que permanecer nas conviccións propias. O casamento deulle un aura de respetabilidade, de novo estatus social,… de protección contra o qué dirán. A asunción de posicións políticas deulle a seguridade física.
No segundo fío a historia é moito máis recente, contemporánea, e unha rapaza nova é utilizada como esclava no sector económico do comercio do sexo. Narra en primeira persona a experiencia de esta muller e de cómo os anzos de prosperidade personal, de cómo conseguir unha mellor vida, foron truncados e convertidos en sufrimento e esclavitude. Esas esperanzas, en realidade unha ensoñación, son utilizadas para manterse con vida e non rendirse.
Esta parte semella case un manual, un tríptico informativo sobre cómo funciona ese (este) mundo e as semellanzas entre uns tipos de esclavitude e outra. Esclavitude ao fin.
Converxen os argumentos e remata a novela a xeito de expiación dos pecados cometidos e esperanza para o futuro.
Editado en galego por Rinoceronte Editora no 2011.
** Coñeces a esta autora?** Tes algunha outra referencia de libros ambientados na época post-soviética?
Podes deixar o teu comentario na caixa de máis abaixo ou compartir este artigo nas redes sociais clicando nas iconas seguintes.
Grazas por ler!