Purga – Sofi Oksanen

Purga – Sofi Oksanen

Título: Purga (2008)
Autor: Sofi Oksanen, tradución ao galego Tuula Ahola.

 

o libro, edición en galego

A autora lévanos a dous tempos históricos tan separados como o tipo de vidas que describen. Ambas discurren paralelas ate que finalmente rematamos ligándoas, non só narrativamente se non de xeito emocional ao ser o caracter, personalidade e vida das protagonistas consecuencia de ese pasado aparentemente tan afastado.

Por unha parte temos a vida rural na Unión Soviética arredor da II Guerra Mundial (pero non nela) onde nunha familia xorde o resentimento desde o amor. É iso posible? Si. É unha historia de xente pobre, empobrecida aínda máis pola política estatal e ademáis baixo un control político dictatorial que alimenta a purga da disidencia e a disensión. Non sofren por estar necesitados nun aspecto material, se non polo que implica ser asoballados e utilizados por quen detenta o poder. Sexa este poder de índole política, como na novela, ou económica, que para o caso ven a ser o mismo. Non son donos da súa vida.

Viven como se vive no rural: de traballar a terra, do froito que arrincas dela. Describe a autora ese mundo a través das relacións personais, dos xestos, das tarefas propias do campo, da comida, de cómo se aproveitan os (escasos) recursos.

Pero tamén describe outras realidades.

“Os negróns tápanse e unha cala. Así se fixera sempre”

Realidades universáis así como convencionalismos culturais

As mulleres normais e correntes casaban e tiñan fillos, e agora era unha delas[…]
Se quedase solteira todo mundo pensaría que tiña algún defecto. A xente pensaba así,[…]

[…]Os vermellos pensarían…[…] Outros farían conxeturas… […] Ninguén se atrevería a dicir… […]

Fuxir cara adiante pode ser máis doado que permanecer nas conviccións propias.
O casamento deulle un aura de respetabilidade, de novo estatus social,… de protección contra o qué dirán. A asunción de posicións políticas deulle a seguridade física.

No segundo fío a historia é moito máis recente, contemporánea, e unha rapaza nova é utilizada como esclava no sector económico do comercio do sexo. Narra en primeira persona a experiencia de esta muller e de cómo os anzos de prosperidade personal, de cómo conseguir unha mellor vida, foron truncados e convertidos en sufrimento e esclavitude. Esas esperanzas, en realidade unha ensoñación, son utilizadas para manterse con vida e non rendirse.

Esta parte semella case un manual, un tríptico informativo sobre cómo funciona ese (este) mundo e as semellanzas entre uns tipos de esclavitude e outra. Esclavitude ao fin.

Converxen os argumentos e remata a novela a xeito de expiación dos pecados cometidos e esperanza para o futuro.

Editado en galego por Rinoceronte Editora no 2011.



Coñeces a esta autora?
Tes algunha outra referencia de libros ambientados na época post-soviética?

Podes deixar o teu comentario na caixa de máis abaixo ou compartir este artigo nas redes sociais clicando nas iconas seguintes.

Grazas por ler!

Comentarios pechados.