Hai meses que teño Instragram (como Facebook) bloqueado no /etc/hosts pero polo que lembro ter visto semella un lugar no que a xente poñía unha foto e quen a vía comentaba (por dicilo suavemente).
Máis ou menos é o que se fai en quit.im, pero con algunhas particularidades que che conto.
quit.im
Quit.im é unha instancia de gnusocial administrada por @hannes caracterizada por utilizar un deseño orientado a publicación de fotografías. [caption id=”attachment_3045” align=”aligncenter” width=”300”] Interface de quit.im[/caption] Que sexa unha instancia de gnusocial significa que os seus contidos entán dispoñibles para todo o #fediverso e por tanto non precisas ter unha conta creada en quit.im para ver o que determinada persona publica, pódelo facer desde calquer conta que teñas en calquer outra instancia coa que federe.
As usuarias publican algún selfie, medio disfrazados ou con gafas de sol, pero sobre todo parecen compartir experiencias que non están centradas en elas, as protagonistas non semellan ser elas como usuarias se non que parecen querer compartir a beleza de unha paisaxe, a metáfora da alegría de compartir a cea coas amigas a través da foto dos platos na mesa, cánto lle queren ao can, … pero a min chámame a atención a abundancia de arte costumbrista, de escenas do día a día que reflexan unha situación ou evocan o que sentía a fotógrafa en ese momento máis que a escena ou o obxeto en si mismo. A vaidade é escasa en quit.im (ou eso me parece mirando a liña temporal local). [caption width=”1000” align=”aligncenter”] Cocido[/caption] Quizáis son usuarias máis conscientes da súa intimidade ou menos centradas en promocionarse a si mismas.
Ate aquí o que tiña previsto publicar, mais resulta que @dansup está traballando en outra alternativa co mismo obxetivo https://mastodon.social/@dansup/99877423794532057 [caption width=”400” align=”aligncenter”] mockup publicado por dansup[/caption]
Actualizarei o artigo cando nas próximas semanas se publique o decorado novo para quen queira que a súa instancia se pareza a instagram.
Aquí a galería de fotos que teño publicadas en quit.im