Run? r’u serious?
Correr?, outro libro máis sobre correr? Como si non houbese abondo!
Moita xente corre, non demasiada, pero si moita. Saes da casa é igual tropezas con un runner. Estás na plaia, ahí vai un correndo. Facendo una preciosa fotografía nun paraxe único e natural, ahí tes un trailrunner estragándoche a foto.
Utilizar a palabra “correr” (run) no título de un libro ven a ser o primeiro acto promocional da editora do libro. Como as moscas e o seu proverbial gusto culinario, as persoas que corren enseguida sentirán curiosidade. Vou correr máis (rápido, lonxe)?, lesionareime menos, adelgazarei,…? Cada persoa ten a súa motivación e, tal como se conta no libro, esta cambia de suxeito e de intensidade durante a vida. Outra palabra máxica no título, vida (life), imos para bingo. Incluso se non corres, si aspiras a ter unha mellor vida, longa, chea de saúde e productiva.
Saúde e benestar.
A introdución ben a conto xa que este libro ven a ser un compendio de cómo facendo certos cambios nos hábitos diarios para manterse activo produciranse melloras significativas na sensación de benestar e a saúde a longo plazo. Correr é magnífico en este aspecto, e o autor intenta explicar que correr NON É o que vemos normalmente. É habitual ver xente exhausta, acalorada, con dor e molestias (cando non lesionada) de xeito recurrente, … pero que segue correndo. Voltamos ao símil das moscas? 😂 Mellor o da auga, o que dí que
“algo terá de bo cando a bendicen”
Por que corres?
Esta é a pregunta recurrente, a que a xente que non corre nos fai. Creo que só ven a dor e o sacrificio aparentes (ata certo punto), non ven o que sentimos cando corremos. Non todas as persoas experimentamos as mesmas sensacións igual que a todas nos motivan as mesmas cousas para facelo, pero algo de bo ten. Pasado certo umbral, certo nivel de perseverancia, compromiso ou simplemente que se convirta nunha rutina, permíteche experimentar os beneficios para a saúde física e mental que proporciona.
Voltando ao libro, correr é un paso máis no proceso de estar activo, é unha das alternativas máis exitosas principalmente porque é moi fácil!, non require equipamento ou instalacións especiais, podes correr a calquer hora e en calquer lugar. Pero antes de correr debes andar. Esto é literal, pero tamén unha metáfora que che está a dicir que non poñas o carro diante dos bois. Estoy que lo tiro coas metáforas 😉
Nutrición. Comer mellor.
A parte inicial do libro dedícase a que o fundamento da saúde está na alimentación. A recomendación fundamental que fai é comer alimentos de verdade (whole foods, real food), e deixar de lado os alimentos procesados, elaborados así como o exceso de azucre e aditivos que conteñen. Comendo alimentos que podes identificar como tales xa das un paso enorme. Si ademáis moderas o consumo de carbohidratos e alcol, os cambios serán evidentes en poucos días.
You can not outrun a bad diet.
Xa podes adestrar o que queiras, que comendo merda estarás lesionado ou con dor de xeito recurrente e perxudicando a túa saúde a medio longo plazo.
Descanso e recuperación.
Outro capítulo importante é o dedicado ao descanso e a como para aproveitar o estímulo que proporciona o adestramento activo debes descansar igualmente na medida axeitada. Durmir de forma regular é un factor decisivo no estado de saúde. Contribúe non só ao rendemento físico, se non a manter os nivéis de estrés no grado saudable, asimilar mellor os alimentos, adelgazar, etc.
Sobre a respiración e a postura podemos incidir con eficacia ao practicar técnicas moi simples que nos axudarán finalmente de xeito inconsciente descargando o lombo ao estar sentado, mellorando o noso nivel de estrés estimulando o sistema parasimpático a través de unha respiración profunda.
Actividade
O libro pretende animarnos a estar activos, a non deixarse vencer pasivamente polas circunstancias da vida moderna e a aproveitar as circunstancias propias facéndonos ver que pequenos xestos como erguerse da silla/sofá ou subir escaleiras marcan unha diferencia para a nosa saúde. Estos pequenos xestos pódense complementar con pequenas rutinas a incorporar de xeito progresivo e non invasivo na nosa vida diaria. Como decía rriba, aprenderemos a respirar correctamente.
Posteriormente, e pouco a pouco, incorporaremos rutinas de exercicios máis orientados a actividade física. Exercicios para fortalecernos, dotarnos de elasticidade e resistecia, mellorar a mobilidade.
Finalmente, corremos.
Correr é divertido, é natural para a persoa, non é unha actividade estresante, non pode ser unha actividade estresante que engada máis problemas a túa vida.
Corremos por gusto, porque nos divertimos e nos sentimos mellor e non (necesariamente) por competir.
In running, as in play, there doesn’t need to be a measurable outcome.
Na segunda parte do libro o autor introdúcenos ao xeito natural de correr. Partindo de unha alimentación e descanso axeitados podemos empezar a desfrutar das posibilidades que nos ofrece o noso propio corpo e de que correr non precisa nada máis que de ganas de sentirte mellor.
Entre as recomendacións do libro está a de correr ao xeito do corpo, correr do xeito en que todas as persoas estamos deseñadas para facer, aproveitando as capacidades elásticas dos nosos tendóns, ligamentos, osos e músculos.
You have no choice but to run softly and correctly.
…correndo descalzo non tes máis opción que correr ben. Si o fixeses mal, sería con dor e pararías inmediatamente. É un mecanismo de resposta para protexernos.
Só podes correr de xeito suave e correctamente, non hai alternativa. Corre descalzo ou con calzado que interfira o menos posible no xeito en que o teu corpo está feito para correr.
As the minimalist running tribe leader and friend Barefoot Ted says, “Don’t practice pain. Practice pleasure.” There’s no hurry. We are training for the rest of our healthy lives.
Repito de novo, antes de correr, anda. Non teñas presa, esto é para toda a vida, non un obxetivo para seis meses. Máis correr é adictivo, e tras un breve tempo de adaptación enseguida queremos acortar os plazos da evolución como corredores.
Unha corredora (tras unha enfermidade seria) ao ver que podía correr, que se desplazaba polo aire sin tocar o chan (definición de correr) confesou:
“My trainer had to tell me to slow down,” she added. “He saw that I risked burning out.” Slowing down can be hard when you suddenly realize that you were born to fly.
A química da actividade física é poderosa 😉
Corolario
O libro non é exclusivamente para persoas que corren, é para calquera que desexe mellorar a súa calidade de vida a curto e longo plazo a través de manter un nivel de actividade acorde as súas circunstancias. Estas variarán ao longo da vida, pero o fundamento teórico é válido para todas nos: come ben e descansa e mantente activo para ter unha vida longa e productiva. De qué che vale vivir cen anos se pasas os últimos trinta sen valerte por ti mesmo.
Recursos
Na web do libro temos con libre acceso gran cantidade de vídeos referenciados no mesmo
http://runforyourlifebook.com/resources/
Na bibliografía accedemos aos estudos referenciados e uns plans de adestramento básicos para que persoas non iniciadas se atrevan a participar en carreiras populares sen arriscar a súa saúde e aprendendo a desfrutar de correr. Correr non é sufrir.
Finalmente, nos apéndices inclúe unha lista de libros recomendados para aprender máis sobre a saúde e as persoas que corren. Entre eles algúns xa visitados en este blog, como The big book of Endurance racing and training - Phil Maffetone, Born to run e Natural born heroes de Chris Mcdoughall, The art and science of low carbohidrate performance dos Drs. Volek & Phinney. Ate un par de dúcias máis.