Título: Stalingrado (1998)
Autor: Antony Beevor
Stalingrado. Este nome xa de por si da escalofrío. A lo menos para min. Evoca algo terrible, sucesos fora do entendemento humano. Se a guerra por definición resulta a negación da humanidade, moitas guerras incluso se desvisten de ese halo de suposta dignidade e reglas de cabaleiros coas que pretenden vestir a guerra aqueles que non van a morrer nela.
Para los habitantes de Stalingrado, el domingo 23 de agosto fue «un día que nunca olvidarían». La ciudad modelo de la que estaban tan orgullosos, con sus jardines a lo largo del alto margen occidental del Volga y los grandes edificios blancos de apartamentos que daban a la ciudad su apariencia moderna y cubista, se convirtió en un infierno.
En Stalingrado é onde todo empezou a torcerse, visto desde a perspectiva alemana claro. O ano anterior a Wehrmacht quedara as portas de Moscova, na coñecida operación Barbarossa e, tras reorganizarse, ao ano seguinte lanzou unha ofensiva en dirección ao Caúcaso e máis aló do Volga. O desastre foi maiúsculo pois tras avanzar con relativa facilidade ate Stalingrado, en setembro de 1942 sitiaron a cidade, empurrando ao exército roxo contra o Volga ate deixalo constrito nunha estreita franxa de centos metros. Alí resistiron o tempo xusto para que na retaguardia se conseguisen máis reforzos para contraatacar. Esta capacidade da URSS de botar homes e suministros ao frente coma quen bota faíscas ao lume, foi subestimada polos alemáns (por Hitler máis ben), e deu coma resultado que un exército completo fora sorprendido, rodeado e finalmente aniquilado. Resistir é un eufemismo. Mellor dito foron golpeados sin cesar ate o límite. Aniquilados sona forte, pero tamén o calificaría de eufemismo.
As condicións en ambos bandos eran lamentables de por sí, pero a represión dentro dos bandos para manter a disciplina creo que debía de facer que houbese un ambiente de paranoia sumado ao feito de dar por segura a morte. Execucións sumarias dentro das propias filas tentaban manter unidas as forzas baixo o xugo do terror. Súmese o frío extremo, o mal equipamento e suministros e de novo a certeza da morte. Esta última era unha constante no bando sitiado inicialmente coma no rodeado ao final.
Esto é, moi resumido, o que aconteceu. Pero o autor empeza o libro poñéndonos en situación histórica sobre o xeito “inesperado” en que a URSS entrou na WW II; os tejemanejes previos e roturas de alianzas, as maniobras de despiste, o politiqueo… ate que se lanzou Barbarossa.
Despois chegou o desastre. Millóns de personas morreron. Millóns, que logo se di. A ducias de miles por día tanto nas batallas, na retagarda (co traballo dos Einsatzgruppen), nos campos de prisioneiros (onde caían coma moscas), os propios civís que sufrían directamente (con deportacións, asasinatos, violacións, reclutamento,…) ou indirectamente (rapiña de alimentos, maquinaria,…)
E todo no leste de Europa. En inverno.
Ainda describindo con crudeza a situación, creo que o autor fai un esforzo consciente por non caer no sensacionalismo. Personalmente creo que a realidade supera a ficción, non aforra detalles pero non se regodea nas miserias das personas.
Las historias de coraje ofrecían poca compensación entonces. A mediados de julio el Ejército Rojo estaba en una situación desesperada. En las primeras tres semanas de lucha había perdido 3500 tanques, más de 6000 aviones y unos dos millones de hombres, incluida una importante proporción del cuerpo de oficiales del Ejército Rojo.
Unha parte da documentación que utilizou o autor son as cartas personáis incautadas aos soldados de ambos bandos. Nelas pódese ver o diferente estado de ánimo polo que van pasando as tropas, as perspectivas de futuro (procuraban non asustar a familia), as fantasías que se construían para poder soportar a situación, … pero tamén a diferente actitude cara o conflicto que tiñan o exército soviético e os alemáns.
O autor describe todos os movementos dos exércitos participantes, e como profano na materia vinme superado por tanto nome de xeneral, mariscal de campo, nomes e xerarquía das unidades de combate,… pero resulta accesorio para a comprensión xeral da situación e do libro en concreto.
Terei que buscar algún libro sobre o acontecido en Verdún, na WW I. Batalla que se cita varias veces de xeito comparativo neste libro, como exemplo de sinrazón e masacre gratuíta, pero da que só teño referencias lixeiras. Algunha suxestión?