Título: El corazón de las tinieblas (1902) Autor: Joseph Conrad [caption width=”222” align=”aligncenter”] Portada[/caption]
Marlow, mariño mercante, cóntalle aos seus compañeiros nunha pausa na faena, na desembocadura do Támesis, un episodio vital pretérito que o marcou fondamente. Trátase dun traballo ao que chegou de xeito tan accidental como inevitable (polas circunstancias própias) e que o levou ao interior de África, remontando un río para ir a buscar no medio da selva a un empregado importante dunha empresa que explota o comercio do marfil (e o que se terciara).
A viaxe é interior. O relato trata sobre todo das loitas consigo mesmo, os esforzos por entender, dentro do maxín de Marlow que segundo avanza a novela se misturan cos propios demoños do outro personaxe do libro, Kurtz. Este é a quen vai a buscar, e aínda que o encontro físico é breve, Marlow chega a coñecer a Kurtz de forma intensa gracias a comprensión que cree alcanzar do seu esquema de pensamento e sobre todo da comprensión do pesimismo con respecto ao ser humano e das forzas salvaxes internas en cada persona, equiparables as forzas da natureza, e que en presencia de ésta, se expresan de xeito transparente e sen freno. Marlow fai seu, mellor dito, participa, de este esquema de pensamento, analizándoo, criticándoo pero non xustificándoo.
Su conducta[a da xente común], que era simplemente la conducta de individuos vulgares ocupándose de sus negocios con la certeza de una perfecta seguridad, era ofensiva para mí, como ultrajantes ostentaciones de insensatez ante un peligro que es incapaz de comprender.
Lendo o libro, parecese que toda esta confrontación xurde pola exposición a crudeza do mundo, a selva virxe, ao primitivismo dos nativos, sendo todo** unha unidade de esencia primixénea** que te ispe de todo o supérfluo e disfraz social.
Conrad, durante a permanente exposición da loita interna que expresa Marlow, aproveita para describir cómo se estaba levando a fin a explotación dos recursos nas colonias (a palabra esclavitude queda curta para expresalo) e o concepto que se tiña (en xeral e desde o etnocentrísmo europeo) dos nativos, estando éstos máis próximos a outra especie animal máis que a humana.
En canto ao estilo de escritura debo decir que non é do meu agrado, sóbranme (a min) adxetivos e perífrases. Non digo esto como algo negativo, só expreso unha preferencia personal. Exemplo:
Era la quietud de una fuerza implacable que medita melancólicamente sobre una intención inescrutable.
Porén debo engadir que o libro ten unha estructura perfecta, está ben escrito, con pausas na narración que te levan de súpeto de un escenario a outro pero xeito hilvanado. Son vírgulas no relato. Pausas dun contacontos.
Moi logrado e emotivo me parece o final na conversa coa viúva de Kurtz, sucumbindo ante algo que indirectamente é criticado durante o libro, o mal necesario.
Tratando de facer unha breve reseña de libros como este, onde o descrito ou sucedido é accesorio, é onde se aprecia a miña dificultade para condensar e expoñer todo o traballo do autor. Fáltame, claro, o talento para pór en palabras os conceptos enunciados polo autor, o relevante do libro.