The Big Book of Endurance Training and Racing - Phil Maffetone

Título: The Big Book of Endurance Training and Racing (2010)

Autor: Phillip Maffetone

portada portada

A experiencia levoume a unha aproximación máis lúdica que competitiva ao feito de correr pe. Podo exprimirme máis ou menos según me apeteza, pero corro porque si.

Desde hai uns anos esa aproximación tamén é heterodoxa, e estou aberto a enfoques diferentes ao canon mainstream que impera na práctica da carreira a pe. Ese canon está marcado polas webs, revistas, fabricantes de zapatillas, de bebidas azucaradas, de suplementos da alimentación, de medicinas… Somos un nicho de mercado máis a explotar comercialmente. Non vexo un mal en si mesmo que aconteza esto, pero o malo do asunto é que para gañar cartos teñen que moverse cartos, xerar necesidades onde non as había, cobrar por esas novas necesidades e, cando xa non den máis de si, crear outras… incluso si son contradictorias coas anteriores. E todos coma ovellas a cambiar o paradigma do runner. Polo tanto trátase de un enfoque hipócrita. Así que cambio de opinión, paréceme mal que se exclúa da ecuación calquer consideración pola saúde do individuo para gañar máis cartos.

Esta parrafada ven a conto porque o libro en sí trata de dar un enfoque xeral sobre a importancia da saúde do corredor máis que ce ofrecer plans de entrenamento ou directrices únicas que todos debemos seguir. Fai un plantexamento individualizado partindo da súa experiencia entrenando a centos de atletas de varias disciplinas e vendo os factores comúns que levan ao rendemento deportivo e a boa saúde do atleta.

O método trata de fundamentar esa boa condición física fomentando a construcción dun sistema aeróbico forte que contribúa a un funcionamento óptimo de todo o corpo. Este sistema aeróbico non debe ser entendido como simplemente a ruta metabólica que proporciona enerxía para correr, se non todo o sistema bioquímico e funcional que sostén calquer actividade. Polo tanto a alimentación, o descanso, os niveles de estrés, o coñecemento e respeto polo noso corpo serán factores importantísimos en este sentido.

Resumindo moito: trátase de aproveitar a abundante enerxía acumulada en forma de graxa en lugar de confiar na limitada fonte de enerxía que é o glucóxeno (azúcares en xeral). Non é que sexa moito máis eficiente se non que é moito máis saudable a longo plazo promocionar a súa utilización.

Para máis información visita a web do autor www.philmaffetone.com

A descrición do producto en Amazon

Are you a triathlete, runner, cyclist, swimmer, cross-country skier, or other athlete seeking greater endurance? The Big Book of Endurance Training and Racing teaches athletes how to stay healthy, achieve optimal athletic potential, and be injury-free for many productive years. Dr. Philip Maffetone’s approach to endurance offers a truly “individualized” outlook and unique system that emphasizes building a strong aerobic base for increased fat burning, weight loss, sustained energy, and a healthy immune system. Good nutrition and stress reduction are also key to this commonsense, big-picture approach. In addition, Dr. Maffetone dispels many of the commonly held myths that linger in participatory sports—and which adversely impact performance—and explains the “truths” about endurance, such as: The need to train slower to race faster will enable your aerobic system to improve endurance Why expensive running shoes can actually cause foot and leg injuries The fact that refined carbohydrates actually reduce endurance energy and disrupt hormone balance And more. If you are looking to increase your endurance and maximize your athletic potential, The Big Book of Endurance Training and Racing is your one-stop guide to training and racing effectively.

O libro semella máis un de estos de autoaxuda que un manual, e non me gustaron nada as narracións en primeira persona das excelencias do método por parte de personaxes conocidos. Non podía evitar pensar que estaba vendo unha teletenda de madrugada. Pero esto tamén forma parte do tinglado comercial, que non debe ocultar o que de bo ten afrontar o entrenamento de este xeito.