Trail San Isidro A Pobra

Calor

imaxe da saída

uns minutos antes da saída

esto foi o primeiro que notamos todas as persoas e comentábamos na saída. En Galiza estamos a saír do inverno e nos últimos días tivemos sol e temperaturas arredor dos 20ºC, que son altas para esta época do ano.

Claro, en termos absolutos é unha temperatura moi agradable, pero tras varios meses sen correr a estas temperaturas todas as persoas que corremos (corredoras) notamos rápidamente esa sensación tan gustosa de correr con roupa lixeira e transpirable. Daba algo de apuro ver xente con maias longas e chaquetas de abrigo cando outras estabamos en manga sisa e pantalón keniata.

Agradable, si, pero subindo por alá arriba co sol no cogote xa resulta un pouco máis abafante 😂

A ruta

ruta

O camiño eran uns 13km. para subir a un dos montes que rodean o lugar de San Isidro preto da vila de A Pobra do Caramiñal.

A metade para arriba e baixar de volta.

Na zona alta sen árbores, rochas soltas, pero sen perigo o dificultade técnica.

a media subida voltando a vista

É importante, para min, aproveitar estos momentos de subida (andando) para determe e lembrar por qué estou aquí e desfrutar das vistas.

foto da ría de Arousa

a plaia de Boiro en primeiro plano, coa ría de Arousa chea de bateas.

Nas zonas máis baixas, regos e regatos, para cruzar dunha ladeira a outra. A sombra era de agradecer

imaxe de ArousaNeO

imaxe ArousaNeO. Flickr.

Nun dos regatos instalaron unha corda por seguridade, pero qué gusto daba meterse na auga case ate a cintura.

perfil

As probas de http://trailseries.run son cortas e con baixa dificultade, perfectas para que a xente lle perda o medo a correr polo monte. Así, a participación soe ser numerosa (uns 400?) para o estándar galego.

A carreira

A min véñenme moi ben como adestramento, para ir engadindo días de intensidade de un xeito que se fai menos duro que intentalo facer nun adestramento. Nunha carreira esfórzaste aínda que non queiras (relativamente), e nos adestramentos tes que por moita máis intención para chegar a ese punto de intensidade. Sicolóxicamente é máis doado nas carreiras.

Así, saín no medio do grupo en lugar de ser o último en tomar a saída (literalmente) como soe ser habitual. Evitei así algún probable parón e atascamento nos lugares estreitos/complicados da ruta que puidesen cortar o ritmo. Todo coa intención de non darme tregua.

“intensidade”, pero sin pasarme

Puiden correr ben, sen pasarme nin sentir agobio polo calor, pero pensaba que ía sentirme máis sobrado do que realmente me sentín. Queiras que non, tampouco fun a tope ou a lo loco, só con intención

A xente coa que corrín arredor parecía de máis nivel que coa que corrín hai un mes, así que supoño que eu tamén corrín máis (sigo sen mirara a clasificación).

Paseino ben e non me fixen dano 😊

Sufrimos?

imaxe de ArousaNeO

imaxe ArousaNeO. Flickr.

…igual é que desfrutamos!! 😉 Hai dúbidas!?