VII Carreira Camiño das Letras

Volvín ás carreiras populares.

Letras, as galegas

Camiño, o de Santiago, wiki

Carreira, a de preto de 200 persoas

Despois dun ano e tres meses desde a última carreira popular na que participei, este luns festivo achegueime para participar na VII edición da carreira Camiño das letras.

Desde o Pico Sacro no concello de Boqueixón seguimos unha das rutas que levan ás peregrinas a Compostela, desviándos xusto antes de chegar a Sar para subir ata a Cidade da Cultura. Foron algo máis de catorce quilómetros, cos primeiros catro en forte baixada; un tramo medio de tobogáns e os tres últimos en costa arriba.

foto co ruta da proba

preme na foto para ver estatísticas

Un día de sol perfecto e sen vento, sen calor que afectase ao correr e con bo ánimo e gañas por parte da organización e as corredoras de que todo saíse ben. Puxemos cada un da nosa parte, perdonando os fallos e comprendendo as limitacións e dificultades propias da situación de pandemia da que intentamos saír.

foto do Pico Sacro

O formato da carreira foi contra o reloxo, saímos en parellas canda vinte segundos para evitar formar grupos en todo momento. Eu creo que neste sentido foi un éxito, pois en toda a carreira fun adiantado e adiantei mantendo un espazo entre persoas e non vin grupos correndo.

foto dun edificio da Cidade da cultura

fonte CC-SA

O aspecto social das carreiras quizá foi o que máis se viu afectado, pois as conversas mantíñanse separadas as persoas, sen grupos grandes… ao comezo, pois na liña de meta a sensación era moito máis semellante ao que estamos afeitos.

Eu

saimos costa abaixo e simplemente deixeime ir, pero non é que me prestase moito. Despois funme adaptando ao terreo (todo pista asfaltada) e na subida longa final puiden forzar sen ter malas sensacións.

Paseino ben 👥, corrín con sandalias (e calcetíns de dedos) e cero problemas. Alegreime de poder saúdar e comentar con algunhas compañeiras de ruta de toda a vida.

chegando á meta, ben


CC BY-SA