Este artigo trata de como usar UbuntuOne como almacén das capturas de pantalla tomadas con Shutter
Shutter sincronizase con outros servizos na nube ou tamén con servidores FTP aos que teñas acceso mediante o menú “Exportar”
Na captura superior proporcionada polo desenvolvedor falta precisamente a opción de U1, que aparece nas versións actuais do programa.
O problema é que por omisión o sistema (ubuntu 12.04 64 bits) non trae instalado un engadido que é preciso para sincronizar con U1.
Polo que debemos abrir un terminal
Crtl+T > >
e executar, para instalar o engadido
sudo apt-get install libnet-dbus-glib-perl > >
tamén podes instalar libnet-dbus-glib-perl co xestor de paquetes da túa elección.
Pechamos (se está aberto) o aplicativo Shutter e ao voltar a abrirlo (seguiremos tendo as capturas de pantalla que fixemos se non as pechamos) e xa poderemos subilas directamente a U1 desde o menu Exportar. Podes escoller o cartafol onde o queres gardar e despois publicalo para utilizar dita captura onde queiras.
Esta solución atopeina nos foros de Ubuntu
Se usas Ubuntu podes instalar Shutter clicando na seguinte imaxe
Shutter en acción neste video Shutter en Selección Avanzada