Kafka en la orilla - Haruki Murakami

Título: Kafka en la orilla

Autor: Haruki Murakami

imaxe en inventaire.io

Sinopse

Kafka Tamura se va de casa el día en que cumple quince años. Le llevan a ello las malas relaciones con su padre —un famoso escultor convencido de que su hijo repetirá el aciago sino de Edipo—; y el vacío producido por la ausencia de su madre; se dirigirá al sur del país, donde encontrará refugio en una peculiar biblioteca y conocerá a la misteriosa señora Saeki. Sus pasos se cruzan con los de otro personaje, Satoru Nakata, sobre quien se ha abatido la tragedia: de niño, durante la segunda guerra mundial, sufrió un accidente del que salió con secuelas y dificultades para comunicarse… salvo con los gatos.

Trauma infantil que un adolescente intenta superar fuxindo da casa, para atopar respostas, para atoparse a si mesmo. Este é o fío condutor da novela, que a historia paralela do Sr. Nakata segue en derrota de colisión.

Ao longo da novela vai subindo en intensidade o conflito e angustia de Kafka ante as dúbidas acerca do acontecido realmente no seu pasado, pero sobre todo ao verse apremiado pola necesidade de tomar unha decisión sobre o seu futuro.

Reflexiona Kafka, o autor, acerca da necesidade de amor, de sentir que eres importante para alguén, da ligazón máis alá da presenza física, como parte fundamental da experiencia humana.

Conta Kafka con axuda nesta tarefa intelectual, na tarefa de entenderse a si mesmo e encamiñar a súa vida. Tanto Ôshima como unha voz interior propia (joven llamado Cuervo) intentan dar significado ao que sinte, axudándoo a que tome as súas propias decisións nuns diálogos que, todo sea dito, superan intelectualmente ao cidadán medio de 15 anos deste pais. Igual en Xapón son máis maduros.

O Sr. Nakata tamén ten unha misión, pero ao contrario de Kafka el non sinte esa angustia, se non unha necesidade primaria, síntese apremiado a cumplir o seu cometido igual que un paxaro sinte que ten que migrar. Tamén atopa axuda, a través do destino ou os deuses, que poñen no seu camiño os medios para que poida seguir adiante. Entre esta axuda está Hoshino. Personaxe moi interesante tamén, pois sofre unha transformación interior a través do descubrimento das potencialidades propioas ao verse rodeado de circunstancias favorables, que estimulan ese crecemento, toma de conciencia e asunción de responsabilidade.

Por circunstancias, tamén, levoume demasiado tempo ler este libro, máis do que merece, e polo tanto nalgún punto perdín o fío sobre que motiva a cada personaxe, cando en realidade en toda a novela sucédense elementos que van compoñendo non unha historia, se non un cadro que debuxa o conflito de Kafka.

Hai elementos de reflexión que o autor situa en boca de varios personaxes que actúan como guía espiritual, que dotan de sentido ao sinsentido da vida e que non todo precisa ter sentido, se non ser sentido.

É esta novela outro exemplo de realismo máxico? Está situada nun borde, nunha fronteira na que se difuminan dous mundos que quizá só existen na nosa cabeza e que unha percepción alterada fai que os percibamos ao mesmo tempo e que elementos de un crucen ao outro.

Paga a pena ler esta novela. É un libro bonito non si?


CC BY-SA