Hai uns días preguntei nunha sala jabber en castelán adicada a gemini acerca dos GemLogs, os blogs escritos para publicar nun espazo gemini.
Existen instancias gemini, como flounder.online onde te podes rexistrar e usar unha conta para publicar o que estimes. Nelas, as usuarias poden crear un gemlog ao que te podes subscribir á súa fonte .atom/.rss, como na web.
Servidor personal.
A miña cápsula gemini está aloxada nun servidor personal, teño acceso á súa configuración, pero tamén coñecementos limitados 😅, así que non me apetece estragar o servidor agora ao principio que aínda estou aprendendo. Nin perdelo tempo de xeito innecesario.
fonte gemini
Pero lendo este artigo de axuda acerca das Subscricións…
This document describes a convention whereby Gemini clients can “subscribe” to a regularly updated Gemini page (such as the index page of a gemlog) even in the absence of a full-fledged syndication technology like Atom or RSS. It is intended as a lightweight alternative to such technologies to lower the barriers to publishing serial content in Geminispace which can be easily followed without tedious regular manual checking of bookmarks.
onde ven a dicir que se pode crear un gemlog ao que se poden subscribir as usuarias sen precisar complementos ou configuracións engadidas, simplemente dándolle o formato axeitado á páxina. Nesa mesma web vese un exemplo.
Por min perfecto.
Engadir unha fonte: subscribirse a un gemlog co navegador Lagrange
O xeito de subscribirse a un blog depende do cliente, como case todo en gemini, pero Lagrange é un dos navegadores máis utilizados e así que esto é o que fixen para subscribirme.
Estando na páxina do índice do gemblog ao que queres subscribirte, premes o botón secundario e elixes subscribirte á páxina (ou co telcado Ctrl+Maiús+D)
Aparéceche arriba o cadro de diálogo onde lle podes dar un nome (diferente do proposto) e elexir tamén se atende a que aparezan “novos titulares” ou a “ligazóns co formato YYYY-MM-DD”
“novos titulares” refírese a “encabezados”, ou elementos “h1, h2 e h3” no html clásico. Na marcaxe gemini: #, ## e ###.
“ligazóns YYYY-MM-DD” son as ligazóns que se inician con ese formato da data.
A autora do gemlog deberá elexir de que xeito quere crear as novas entradas no blog: con “titulares” ou con “ligazóns” para que así o teu cliente poida estar atento aos cambios.
No panel poderás ver os novos artigos cando se publiquen
Na barra lateral esquerda aparecerán tódolos artigos das fontes ás que te subscribas, ordenadas por data descendente.
Dica persoal
A miña páxina de fontes téñoa establecida como a miña páxina de inicio (gemini://about:feeds
), así ao iniciar Lagrange xa se actualiza e vexo que escribiron as miñas fontes.
Engade os teus comentarios comentando o toot indicado.