Un futbolista jilipollas
VII 1/2km. vertical monte Comado - Barreiros
onde describo o meu día de onte, sábado, pois tiven dúas caras.
cartaz da proba, sétima edición da subida ao monte Comado
jilipollas
“asshole” en inglés, máis ou menos.
Espertei moi cedo, tras durmir o normal: menos do que debería e ademáis de pouca calidade. Erguínme sentíndome físicamente ben, pero mentalmente con fatiga. Non creo que se deba a adestrar demasiado, pois esta semana foi bastante relaxada (de verdade), debe ser a lúa, un cable pelado ou algo 😅
Almorcei ben, como é habitual, e púxenme a ver no internet a ver que pasara: todo mal, como é habitual.
Meh! púxome aínda nunha actitude máis á defensiva, en plan ATPC todo. Apaguei o trebello e puxen un pouco de música chunda-chunda (Ana Matronic’s show in BBC2radio) que con ese soniquete repetitivo e altos bpm pois axuda a abstraerte mentres fas algunha cousa da casa.
Ao choio. Quemedehe!
hai que disimular, claro, pero a miña actitude era propia dun futbolista desos jilipollas que nin sinten nin padecen cando os entrevistan, no seu mundo, displicentes. Pero teño práctica e eu creo, espero, que a xente non o notase (moito).
E teño unha carreira pola tarde!!! Válgame el cielo ir con ese careto e esa actitude a unha festa. As carreiras son unha celebración (habitualmente). Paréceme unha falta de respecto polas outras persoas o feito de que eu acuda neste plan.
Pois a xantar cediño, lixeiro, e que sexa o que dios queira. Aló imos…
Shiny Happy People
Quedábame un anaco libre antes de saír hacia Barreiros e tireime por enriba da cama a monear un pouco. Quedei durmido!! Só foron 20/30 minutos, pero sentáronme ben. Entre a comida e esa soneca fixeron que me mudase o humor, un pouco. Polo menos non tiña esa sensación de negatividade enriba. Enrriba ou enriba? (agora o miro, pero creo que é cun só erre. Ou non, deixoo así e xa mirarei outro día).
O caso é que pillei o coche, fun só, cara a a “praia de Barreiros en fronte ao monte Comado”, un lugar indeterminado 😄. Monte Comado só hai un, e vese ben, pero “praias en Barreiros” hai unhas poucas 😅 Metínme por unha das pistas que baixan á praia e seconoce que me metín moito antes de tempo, porque ao chegar á praia e seguir a costa pasaron tres ou catro quilómetros antes de chegar á zona de saída da carreira. Xa me estaba poñendo un pouco nervoso porque ía con tempo, pero xustiño.
Cheguei e estacionei a cen metros da saída, éramos catro gatos para correr subindo ao monte e xa sabía que non habería apuros nin para pillar o dorsal nin deixar o coche nin nada.
camiseta conmemorativa? NON!
Se participas con asiduidade en carreiras populares seguro que tes un arcón cheo de camisetas de recordo dos eventos. Ao principio fai ilusión este presente, algunhas incluso son bonitas, moitas úsalas para adestrar (e ir a outras carreiras), pero a maioría pasan a formar parte dos fondo do futuro Museo da Memoria Runística de Ghose.
A veces hai sorpresas, e nesta carreira ao recoller o dorsal REGALÁRONME UN CASTAÑO. Unha árbore de regalo! Ao chamarlle polo nome (castaño) unha das rapazas que mo deu sorprendeuse de que o coñecese. Así estamos de desconectados da terra (en xeral). Heille buscar un sitio.
compañeiras da organización entregando dorsais, e un castaño
a carreira
Un “patapún parriba” de manual.
.
altimetría da ruta
Saíndo da mesma praia fomos o máis dereitiños que puidemos ata o pico do monte. Algo menos de 500m. de desnivel en 4 quilómetros. Tendo en conta que o primeiro é prácticamente chan, o segundo moi suave e o terceiro anda polo 10% de desnivel, déixanos o último quilómetro ao 30% de inclinación. “This is fine”🔥
Coa mentalidade que tiña pola mañán ía pasalo mal, porque non ía disfrutar do esforzo, da compañía de outras persoas que hai moito que non vía, do vento e o frío no alto, dos ánimos da xente, da chuvia, de correr.
Coa mentalidade após o xantar o día mudou. Non choveu ata xusto comezar a carreira, pero a temperatura abaixo era moi agradable e fun con roupa de verán. Nin levei chaqueta nin a enviei a través da organización, pero alá arriba boa falta me facía. Así ao chegar bebín un chopo de auga e xa me botei para abaixo de volta antes de arrefriar.
Saín tranquilo, intentando respirar só polo nariz como xeito de auto-regularme, e ata que cruzamos a estrada xeral non fixen ningún tipo de esforzo (relativamente). Ao cruzar xa nos metiamos nunha pista ancha de monte durante aproximadamente un quilómetro e ahí xa comecei a adiantar a moita xente. Paseniño, gardando folgos, pois era a primeira vez que participaba e non sabía exactamente o longo que se me ía facer.
Catro quilómetros non dan para moito, nin para ben nin para mal, logo pasan. Non é como nas carreiras longas que se te equivocas co ritmo ao que vas igual que quedan dúas ou tres horas sufrindo. Aquí non había ese risco. Igoal che da un síncope? Si, pero non sofres 🤣
Diorrrrmío, aínda o que me queda!. Un compañeiro de ruta.
Nada, o caso é que fun indo sen chegar en ningún momento á asfixia, ese punto en que notas que os pulmóns non son quen de pillar todo o aire que o corpo precisa. Non é que che doian as pernas, ou non teñas forzas, se non que non che da a vida. Aquí non cheguei a iso e ata nos últimos cen metros lle adiantei correndo a un par de fulanos. Lembro algunha subida destas onde só andar, moito máis lento, provocaba esa “asfixia”.
Fun coas pulsacións a tope (se me fío do trebello do pulso, non a cinta ao peito) pero era de agardar, deso se trataba. Por unha parte é moito tempo nese rango de pulsacións, pero por outra parte que á miña idade chegue a esos valores e os manteña sen ir asfixiado fala de certo nivel de saúde e do xeito en que adestro, de ter un amplo marxe de esforzo que podo regular, de flexibilidade. Ou eso quero crer.
Arriba chuviscaba e co vento que facía logo me entrou o frío así que pillei a bolsa co bolo preñado e a auga e tirei para abaixo pola ruta sinalizada (grazas Organización!) que nos devolvía á saída.
“aquí, sufrindo” :D Unha compañeira de ruta.
Foi unha boa tarde, saudar a compañeiras da ruta, correr sen dor nen molestias, dentro dos límites do corpo, desfrutar das vistas desde o alto, desfrutar de camiños que non coñeces, desfrutar de correr.
Ir ás carreiras populares “es bien”.
Na hora en que escribo esto, domingo pola mañán, non me doe nada nin me sinto fatigado. Qué máis pedir!? (volver)
Vídeo dun compañeiro describindo a ruta (llotube)