Subscríbete a GemLogs en Lagrange (et al.)

Hai uns días preguntei nunha sala jabber en castelán adicada a gemini acerca dos GemLogs, os blogs escritos para publicar nun espazo gemini.

Existen instancias gemini, como flounder.online onde te podes rexistrar e usar unha conta para publicar o que estimes. Nelas, as usuarias poden crear un gemlog ao que te podes subscribir á súa fonte .atom/.rss, como na web.

Servidor personal.

A miña cápsula gemini está aloxada nun servidor personal, teño acceso á súa configuración, pero tamén coñecementos limitados 😅, así que non me apetece estragar o servidor agora ao principio que aínda estou aprendendo. Nin perdelo tempo de xeito innecesario.

fonte gemini

Pero lendo este artigo de axuda acerca das Subscricións

This document describes a convention whereby Gemini clients can “subscribe” to a regularly updated Gemini page (such as the index page of a gemlog) even in the absence of a full-fledged syndication technology like Atom or RSS. It is intended as a lightweight alternative to such technologies to lower the barriers to publishing serial content in Geminispace which can be easily followed without tedious regular manual checking of bookmarks.

onde ven a dicir que se pode crear un gemlog ao que se poden subscribir as usuarias sen precisar complementos ou configuracións engadidas, simplemente dándolle o formato axeitado á páxina. Nesa mesma web vese un exemplo.

Por min perfecto.

Engadir unha fonte: subscribirse a un gemlog co navegador Lagrange

O xeito de subscribirse a un blog depende do cliente, como case todo en gemini, pero Lagrange é un dos navegadores máis utilizados e así que esto é o que fixen para subscribirme.

Estando na páxina do índice do gemblog ao que queres subscribirte, premes o botón secundario e elixes subscribirte á páxina (ou co telcado Ctrl+Maiús+D)

engadindo a fonte

Aparéceche arriba o cadro de diálogo onde lle podes dar un nome (diferente do proposto) e elexir tamén se atende a que aparezan “novos titulares” ou a “ligazóns co formato YYYY-MM-DD”

engadindo a fonte

No panel poderás ver os novos artigos cando se publiquen

engadindo a fonte

Na barra lateral esquerda aparecerán tódolos artigos das fontes ás que te subscribas, ordenadas por data descendente.

Dica persoal

A miña páxina de fontes téñoa establecida como a miña páxina de inicio (gemini://about:feeds), así ao iniciar Lagrange xa se actualiza e vexo que escribiron as miñas fontes.

Engade os teus comentarios comentando o toot indicado.


CC BY-SA

Comentarios

Utiliza a túa conta no fediverso // Comment using your fediverse account.

Responder/Reply