Natural Born Heroes - Christopher McDougall

Título: Natural born heroes (2015)

Autor: Christopher McDougall

Portada, na web do autor

Christopher McDougall (CM) sabe cómo transmitir entusiasmo e positividade a través de historias que mostran a potencialidade innata que todos temos (e que a maioría non aproveitamos) para facer cousas que non creríamos posible facer, actitudes e actos que vemos en personas que consideramos fora do común (e sono por número) pero que non teñen máis distinción que o feito de utilizar esas cualidades humanas, de tirar proveito do que somos como especie tras millóns de anos de evolución física e intelectual, da vantaxe competitiva que fixo que sexamos tan abundantes en este planeta.

Xa en Born to Run CM explorou as raíces de cómo e porqué todos podemos correr, separando o correr do feito competitivo e da rivaliridade e tomándoo como unha ferramenta na que os humanos somos maestros e que nos permiteu sobrevivir en multitude de entornos. Unha ferramenta que poñemos a punto xogando e disfrutando dela. Un xogo para o que todas estamos equipadas.

Creta

En esta illa grega, berce da cultura occidental, sitúase a historia principal do libro, o fío conductor que lle serve a CM para propoñer a tese de que en boa medida todas somos quen de comportamentos e actitudes que se poderían considerar heróicos, pero sobre todo que esa potencialidade agóchase tras capas e capas de esquecemento que fomos botando enriba en forma de organización social e do traballo, adoutrinamento cultural e político, actitudes que fomentan o individualismo, hábitos alimentarios (ligado aos puntos anteriores),etc. Causas varias que no seu conxunto nos limitan e que fixeron que esquecésemos qué somos e o que poderiamos facer tanto físicamente como coa nosa actitude co resto da comunidade.

Un heróe é útil.

Resumindo: hai séculos que, en determinados lugares e culturas (non só en Grecia) chegamos a un punto de evolución personal e colectiva que sabía cómo promover que se expresase ese caracter heróico e non fose visto como algo excepcional, se non como o normal nunha persona.

Por suposto, cando falamos de heroísmo non ten nada que ver con actitudes suicidas nin o que a cultura pop nos vende en lotes. Non, aquí un heróe é aquela persona que está preparada para actuar en calquer momento en que un semellante o precise. E todos precisamos ser axudados. A heroína, aquela persona que a través do seu comportamento, modo de vida, actitude personal se vale do seu corpo e intelixencia para facer o que debe valéndose dos recursos dispoñibles, adaptándose ao entorno e a situación, e non provocar ou buscar perigos innecesarios. E de todos esos recursos, o mellor e máis versátil, é o seu propio ser. É a ferramenta evolucionada durante milenios para adaptarse, para aprender a través da experiencia propia e allea. Dotada de mecanismos orientados a ser útiles.

Esta tese susténtase no estudo do comportamento dos habitantes cretenses, xentes que viven nun hábitat relativamente illado (unha illa con un perfil orográfico imposible) do resto do mundo, durante os sucesos acontecidos durante a Segunda Guerra Mundial (WWII, na batalla de Creta) e concretamente a un episodio onde todo un xeneral alemán é secuestrado e sacado da illa nunha operación chea de audacia e valor. Os feitos aconteceron, e están descritos en varios libros polos propios protagonistas, o que fai aquí CM é novelalos ao xeito e usos lingüísticos contemporáneos (moi americano, no bo sentido, por áxil, por ter ritmo, por manter a espectativa e querer seguir lendo).

Kylix Theseus Aison MNA Inv11365 n1.jpg
De Aison - Marie-Lan Nguyen (User:Jastrow), 2008-05-02, CC BY 2.5, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=4019222

Digo que se sustenta na descripción de este episodio pois os protagonistas tiran proveito das armas que xa utilizaban 3000 anos antes outros heróes, os Prometeo, Odiseo, Aquileo (o dos pes lixeiros), Teseo (o que lla xogou ao minotauro, precisamente en Creta) … membros todos de un mundo a cabalo entre a fantasía e a realidade, e que moitos (varios) historiadores e arqueólogos non creen que estén totalmente no mundo da fantasía, se non máis ben que eran epítomes das virtudes do home común, mestres como exemplo con episodios que mereceron pasar a historia (embelecidos e víctimas da hipérbole) pero que poderíamos considerar “basados en feitos reales”.

McDougall procura na época actual onde se atopan esos heróes que conservan, manteñen viva, a chama do heroísmo tal como era entendido na antiguidade, esa búsqueda de ser útil en todo momento, de ter empatía cara o próximo, de valorar o risco pero non arredarse ante el, de utilizar as potencialidades do corpo e a mente. Así, atopa a xente como Erwan Le Corre, Phil Maffetone, Tim Noakes, … que posúen certas claves de coñecemento sobre o que funcionou para os humanos durante milenios e que hoxe en día parecemos ter esquecido.

O libro segue o fío da historia en Creta e o autor incrusta os episodios nos que nos presenta as personas que cito arriba e que portan o testigo dos antiguos héroes. Tamén él mesmo proba esos métodos para recuperar a funcionalidade do seu corpo, él mesmo segue os pasos dos protagonistas do secuestro a través das paisaxes da actual Creta poñendo a proba as novas habilidades aprendidas. Sufre e aprende a escala magnífica da paisaxe e as dificultades que tiveron que superar.

Si en Born to run lle caía un bo pau aos fabricantes de zapatillas para correr, aquí non é menos o que recibe a industria da alimentación que, tras a WWII acometeu un proceso de industrialización a escala planetaria para mudar os hábitos alimentarios que tivemos durante séculos, alonxándonos da comida real.

Novamente Mcdougall consigue de xeito ameno e entretido manter ao lector interesando tanto no presente coma no pasado. Tres liñas de tempo, cada unha coa súa trama e interese.

Twitter do autor

Podcast/entrevista co autor en RunnersConnect

A que resulta apetecible meterse en este libro? :D Se xa o liches e tes unha opinión ao respecto do mesmo contacta conmigo e cóntame que che pareceu.

Tamén podes compartir este contido nas túas redes sociais utilizando as íconas que tes aquí abaixo.

Grazas por ler esta reseña ;)