Título: The oxygen advantage
Autor: Patrick McKeown
Dispoñible en castelán como “El poder del oxígeno” e tamén como audiolibro.
TL;DR
O autor relata o conveniente que resulta respirar polo nariz en lugar de facelo pola boca.
Polo miúdo
Neste libro o autor fala das vantaxes que ten para a saúde en xeral e o rendemento deportivo en particular que respiremos sempre polo nariz combinando tamén exercicios de respiración onde contemos o alento, aumentando así a tolerancia a concentracións máis elevadas de CO₂ (e subindo o pH do sangue).
Tomando como base fisiolóxica ao “Efecto Bohr” (que relaciona a dispoñibilidade e cinética do transporte de O₂ o pH e concentración de CO₂) e por outra de técnicas de relaxación, concentración e respiración ancestrais vai mostrando de que xeito se pode mellorar practicamente calquera aspecto da vida dunha persoa (!) coa simple práctica da respiración dun xeito correcto (según el).
Comeza coa explicación científica, segue con técnicas básicas para mellorar a respiración.
Nos seguintes capítulos describe como mellora a saúde xeral utilizando estas técnicas, desde durmir mellor, adelgazar, xestión do estrés ata problemas metabólicos.
Introduce máis tarde a relación coas técnicas de respiración de moitas artes e prácticas orientais e como de xeito natural integran os principios anteditos.
Finalmente, tras expoñer plans máis avanzados de respiración, integra a respiración correcta con técnicas de mindfulness. Básicamente.
No aspecto deportivo, ten plans para mellorar a eficiencia en calquera situación (!) así como aumentar a endurance. Inclúe tamén un xeito de simular o adestramento en altura a través, fundamentalmente, de aguantar sen respirar (sempre de xeito controlado).