A Carreira
Campionato de Galicia, así que o nivel era superior ao habitual ao estar os clubes ben representados e faltar o populacho de recheo (coma min).
Na parte final da península do Barbanza, no lugar do mirador da Curotiña, estaba a zona de saída/meta. A uns 600m. de altitude sobre o mar as vistas da ría de Arousa nunha mañán soleada son marabillosas. Coa Pobra aos pés, hacia á esquerda vas ata Boiro e do outro lado da ría ves O Grove e a illa de Arousa.
a Pobra do Caramiñal no plano medio
A temperatura era bastante alta a esas horas e probablemente era mellor saír máis cedo, pero todo saiu ben e só abandonaron 5 corredoras (dunhas 170). No perfil vese que había cambios de ritmo continuos, limitandose as subidas realmente empinadas a dous o tres tramos curtos, no resto a porcentaxe de inclinación permitía correr durante moitos quilómetros (se tiñas forzas).
Técnicamente tampouco era complicado, excepto un tramo en forte baixada con escombro :( (literalmente) e despois había que ir con xeito coa pedra solta natural.
perfil da ruta
A miña carreira
Certo que fun incómodo desde o quilómetro 1 (en baixada!), sen atopar o ritmo e as sensacións que debería. Foi a calor, o descanso, o comer, … non sei, pero sen ter problemas teño que dicir que non fun como debería e como me sinto habitualmente nos adestramentos.
Digo que saímos costa abaixo e xa non notaba os pés áxiles saltando entre as pedras, as primeiras costas atopeime acalorado e incapaz de atopar o ritmo para ir cómodo (esa era a intención), así que fun indo agardando a que máis adiante me atopase mellor. Foi moito máis adiante.
o camiño de teselas amarelas
Con respecto ás zapatillas Altra King MT que estreaba en carreira foron moi ben, co axuste axeitado dos cordóns non tiven problemas nin rozaduras nin notei que me comprimisen o pe. Con respecto ao agarre tamén parecen boas, aínda que non había zonas de lama e nas pedras sempre é complicado. Non foron un problema e creo que irán ben.
En tres horas tampouco che vai vir a fame, pero só lle comín unha laranxa e medio plátano. Auga si, pero a chopiños e sen pasarse, que é doado facelo con tanta calor. Creo que o fixen ben.
os regueiros
Con respecto a temperatura estabamos a máis de 20ºC ás 10:30, e ao chegar á meta arredor de 27ºC. Moito, pero creo que dentro de estar acalorado non notei asfixia e regulei o ritmo en consecuencia. Xa digo que non fun cómodo en ningún momento, pero tampouco era para tanto, era unha situación máis a xestionar igual que xestionas unha subida empinada ou o que sexa.
no “altiplano” barbanzán
Como xestionei a calor? Pois indo amodo e duchándome en cada regueiro polo que cruzábamos. A mans cheas botaba auga pola cabeza XD. Gloria bendita!.
Competitivamente estiven no meu lugar (podio feminino), polo que dez minutos arriba ou abaixo (por sentirme ben) non ían resultar significativos. O nivel era alto (Campionato) e coas restricións pola pandemia hai moita xente que non se apunta e só vimos as motivadas XD, desta forma quedei no percentil 60.
Podes comentar este artigo e ver máis fotografías, aparecerán nel os comentarios.