The Obesity Code – Jason Fung

The Obesity Code – Jason Fung

Titulo: The obesity code: Unlocking the Secrets of Weight Loss (2016)
Autor: Dr. Jason Fung

Portada
Portada

Semella un pouco oportunista publicar hoxe esta reseña, cando os medios están a mostrar as prácticas lobbysticas de varias empresas fabricantes de bebidas edulcoradas (si, esas que ti sabes). Sendo xustos, deberíamos dicir que son prácticas delictivas, porque están causando o deterioro nas condicións de vida (e mortes) de millóns de personas debido aos manexos para torcer as políticas de fomento da saúde no seu beneficio. Non me extenderei en este aspecto, aínda que está íntimamente relacionado.

O libro do Dr. Fung é un esforzo para chegar a raíz, a causa, o proceso fisiolóxico/bioquímico que fai que engordemos.

Resulta evidente a vista dos resultados (mira ao teu arredor) de que temos un problema de sobrepeso (nos países industrializados) cos problemas de saúde para as personas que trae a corto, medio e longo plazo. Tamén co esforzo económico que supón para os sistemas de saúde dos países. Este esforzo económico tamén é unha das víctimas das prácticas de empresas que só miran o beneficio do accionista en lugar de ser honestos cos seus clientes. Por unha parte as autoridades sanitarias deixanse confundir (si somos cándidos) e por outra gastan miles de millóns de euros en actuacións e programas inútiles pois non acuden ao fundamento do problema.

he [Dr.Fung] was practicing medicine exactly as he had been taught: by reactively treating the symptoms of complex diseases without first trying to understand or correct their root causes.

do prefacio do Dr. Tim Noakes

O autor, tras ver o fracaso cos seus propios pacientes diabéticos e obesos tras anos facendo o que lle ensinaron (reducción calórica, exercicio moderado, medicación constante $$$$,…) propón unha teoría presentando ducias de estudios científicos (case todos en poblacións humanas, moitos de intervención e algúns observacionais) que un tras outro semellan confirmar as súas teses. Falamos, en moitos dos casos, de estudos que poñían de manifesto desde hai moitas décadas a inutilidade das dietas de restricción calórica e cómo este tipo de resultados que se repetían foron esquecidos cando non ocultados (como vemos arriba).

Non estou capacitado para entender e ser crítico con esos estudos epidemiolóxicos, pero si para ver o fracaso de dietas de todo tipo e as complicacións para a saúde e calidade de vida das personas.

A teoría do Dr.Fung fundaméntase en que o proceso de engorde/adelgazamento está xestionado polo sistema endocrino e ten a hormona insulina no centro do mesmo. A insulina encárgase de xestionar (resumindo moito) que a glucosa se manteña en niveles fisiolóxicos normales facendo que esta se almacene en forma de ácidos graxos para a súa posterior utilización (se fose preciso).

Debido fundamentalmente ao tipo de comida que utilizamos para alimentarnos e cómo e cando a comemos, os niveles da hormona insulina están en niveles moito máis elevados do que deberían (para que a súa función fose eficiente) causando o fenómeno da resistencia a insulina (IR) que fai que aínda suban máis esos valores e modifiquen o punto de axuste do peso que o sistema endocrino considera axeitado para o funcionamento dadas as condicións da persona en particular.

En definitiva, botamos o corpo fora de punto debido aos cambios introducidos nas últimas décadas no xeito en que vivimos e nos alimentamos.

O libro é prolixo en explicacións das rutas metabólicas que levan a explicar fenómenos concretos como o efecto rebote, a (falta) de sustentabilidade a longo plazo de moitas dietas, paradoxos como que haxa culturas que fundamentan a súa alimentación nos hidratos de carbono pero non están gordos, etc. Explica tamén as concomitancias entre a insulina e outras hormonas e como a súa actividade se ve influenciada, interferida ou reforzada por outras condicións como pode ser o estrés (cortisol).

Do mesmo xeito, explica porqué facer deporte é un hábito fantástico para a saúde pero inútil se o obxetivo é perder peso de forma sostible e a longo plazo (como din todos os estudos e vemos moitos que levamos anos facendo deporte).

By the end of the book, the careful reader will understand exactly the causes of the obesity epidemic, why our attempts to prevent both the obesity and diabetes epidemics were bound to fail, and what, more importantly, are the simple steps that those with a weight problem need to take to reverse their obesity.

Non lle quito interese por ler o libro se digo que o que hai que facer é:

  • comer cando teñas fame, non por hábito ou imposición.
  • comer alimentos de verdade, non procesados.

Doado non?
Pois non tanto se atendemos a cómo nos vai.

gráfico da evolución das taxas de obesidade
Nuns sitios peor que outros, eso si. Gráfico de heartsprings.net

O autor fai un esforzo para ser didáctico e non abrumar interpretando os datos e non simplemente expoñéndoos. Máis aló da complexidade subxacente, non propón nada raro nin fora do común para manter un peso dentro dunhas marxes saudábles de forma sostible no tempo, pero si admite a súa dificultade inicial pois temos que cambiar uns hábitos de vida reforzados por décadas de mala praxe e comunicación médica.
Ainda que propón unha reducción na cantidade de hidratos de carbono que comemos e un aumento calórico proporcional nas graxas, non exclúe nin demoniza perse a ningún macronutrinte.

Preocúpache ter que comer máis graxa?
Non debería, pero ollo, fuxe de graxas procesadas como margarinas, aceites saturados con hidróxeno, graxas vexetáis (omega-6), graxas trans, etc. Infórmate!


Worth reading!

Se che resultou interesante este artigo no meu blog podes compartilo nas túas redes sociáis pulsando nas iconas que ves aquí. Tamén podes comentar o mesmo utilizando o cadro de máis abaixo para deixar a túa opinión ao respecto ou se tes algo que aportar en relación ao tema.
Grazas pola visita e a lectura! 😉

Comentarios pechados.