En 2021…
en comparación con 2020 este 2021 dediquei moitas máis horas a… andar.
unha ollada aos datos
totalizados
ano | tempo | distancia | núm. actividades(*) |
---|---|---|---|
2021 | 580h. | 6449,42km | 548 |
2020 | 393h. | 6623km. | 403 |
2019 | 316h. | 5007km. | 284 |
(*) inclúe carreira, ciclismo, SUP, paseos, ximnasia, …
por tipo de actividade
ano/act. | correr | ciclismo | SUP | andar |
---|---|---|---|---|
2021 | 1.606,38 km | 3.116,82 km | 5,4km | 1474,27 km |
2020 | 1.713,24 km | 4.756,60 km | 14,73km | 119,77km |
2019 | 1.753,93 km | 3.209,31 km | 9,02km | 51,78km |
Os datos da carreira a pé baixaron un pouco. Tampouco sabería dar unha razón, porque igual que o ano pasado saín a correr cando me petaba e a distancia e tempo que cadrase. Unhas tempadas un pouco máis e outras un pouco menos, pero corrín todo o ano. De carreiras populares pouco que dicir. Ata maio nin me plantexei ir a ningunha (das poucas que había), un trail normaliño na Pobra e unha ao lado de Santiago. Non estiveron mal, pero con saídas en tandas, nada grupos sen máscara, … se estás pensando máis nas normas que en desfrutar do momento entón case mellor non ir. Despois en outono fun a Barreiros e a Moeche. Algo mellor, pero fun por ir, a motivación das carreiras está bastante frouxa en comparación a outras persoas. Non temo ou me preocupa pillar o covid, simplemente non estou metido na roda das carreiras.
Ciclismo. Foi significativo o baixón, pero semellante a 2019. Creo porque convertín moitas horas de rodillo en horas de paseo a pé.
Andar. Realmente non sei se o cambio é tan grande (10x), pero este 2020 o que fixen foi rexistrar cada paseo, facer que contase. Igual que cos paseos, os desafíos e grupos de pasos en Garmin axudáronme moitas veces a saír a andar, a facer que contase. Uns cuantos meses fixen máis de 20.000 pasos de media diaria, e raro foi o que baixei de 17.000.
Saúde
- non pillei o bicho (que eu saiba) 🤞
- non pillei gripes nin catarros (Nota privada: na gráfica agrupada por semanas vese que fun moi consistente all year round) 🎉
- os NSAIDs igual (pouco) 😃 , tratamento agudo e puntual. Non estiven lesionado.
- raro foi o día en que apetecéndome non puiden facer exercicio 🎉 😃
En xeral gustaríame durmir máis e mellor, pero tampouco me podo queixar, non ando zombie nin cansado (en xeral).
A alimentación e o peso sen cambios, coa baixada no verán e subida no inverno 🤷
De hoxe un ano!